Ribadeo, 19 de xullo de 2022. O Concello saca a licitación o arranxo dunha vía de comunicación moi importante na parroquia de Arante, no núcleo de Remourelle. Trátase dun camiño municipal de Ribadeo que comunica con outro do veciño Concello de Barreiros. O investimento ascende a 103.000 euros, dos que o 66.000 corresponden a unha achega en dúas anualidades da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural. As empresas interesadas en presentar as súas ofertas poden facelo ata 8 de agosto.
O concelleiro de Medio Rural, Marcos Villamil, contou que “estamos sacando a licitación pública o arranxo dunha vía de comunicación moi importante na parroquia de Arante, concretamente no núcleo de Remourelle. Quixemos coordinar unha actuación moi demandada desde hai anos, que era unha saída dun camiño municipal de Ribadeo a outro do veciño Concello de Barreiros. Coordinamos os dous Concellos para facer cadansúa parte neste ano 2022”.
O edil nacionalista explicou que “o proxecto de ensanche e reforzo deste camiño de Remourelle ao límite do Concello de Barreiros ten unha lonxitude total de 1,760 metros e imos dotalo dun firme de algomerado en quente e corredores laterais de saburra (zahorra), así como limpeza de cunetas, novas obras de fábrica e sinalización horizontal”.
Villamil dixo que “o importe do proxecto ascende a 103.000 euros dos cales recibimos unha achega de 66.000 en dúas anualidades por parte da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia. O prazo de execución das obras é dun mes e todas as empresas interesadas teñen 20 días naturais para presentar as ofertas. Este período rematará o 8 de agosto”.




















Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocará esta tarde a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.



