Ribadeo, 21 de xullo de 2022. O alcalde, Fernando Suárez, e a concelleira de Cultura, Pilar Otero, visitaron esta tarde o aparcamento no que mañá, venres, terá lugar o Pancha Festival, evento organizado pola comisión das festas patronais co obxectivo de recadar fondos para financiar eses festexos.
A edil declarou que “desde o Concello de Ribadeo apoiamos a esta comisión de festas e axudámola en todo o que podemos como levamos facendo desde o primeiro momento. É unha comisión de festas moi nova, pero tamén moi traballadora, moi eficiente, que está facendo as cousas como se deben facer. Estamos seguros de que van organizar unhas grandes festas e teñen, como non, o noso apoio sempre”.
Sobre o Pancha Festival o presidente da comisión, Martín Graña, contou que a venda anticipada de entradas se animou nos últimos días: “esta semana parece que a xente, fai como coa lotería, empezou a animarse e xa nos están chamando desde varios dos puntos para dicirnos que as entradas se están esgotando. Iso quere dicir que a cousa vai ben. Mañá, venres, a partir das cinco e media abrimos a billeteira e o prezo será de 12 euros e aquí estaremos nós para atender a quen queira pasarse a comprar a entrada”.
Sobre as festas patronais, que se celebrarán en setembro, Graña dixo que “o programa está case pechado a falta duns detalles, pero agora estamos moi centrados no Pancha Festival porque se non sae ben vai ser unha fonte de ingresos moi importante para financiar as festas patronais. Estamos moi contentos e está todo encamiñado”.
E engadiu que “afrontamos esta andaina na comisión de festas de Ribadeo con moita ilusión e con moito respecto”.






















O venres descubrirase a placa que oficializa o nomeamento da Biblioteca Municipal co seu nome, dentro da iniciativa “Miradas sobre Agustín 2026-2027”, que busca divulgar o legado do escritor e apoiar a súa candidatura ás Letras Galegas de 2028. O programa inclúe unha exposición, a lectura dun manifesto e unha conferencia. O sábado entregarase no Auditorio o IX Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade. Rouco destacou a importancia de visibilizar a figura do autor e convidou a veciñanza a participar nos actos.
As nenas e nenos coñeceron o proceso de moenda e levaron unha mostra de fariña. García destacou a importancia de achegar a realidade do rural á infancia e agradeceu a colaboración das granxas, ANPAS e centros educativos. O Muíño de Coea é unha das novas incorporacións a un programa que este ano inclúe 210 actividades e chega a máis de 6.000 escolares de 74 centros da provincia.
O lobo, os cabalos e as persoas comparten desde hai séculos un mesmo territorio, unha convivencia que forma parte da realidade do rural e que presenta importantes retos. No marco da programación das San Lucas 2026, o Concello organiza este encontro para reflexionar e dialogar sobre esta situación, escoitar diferentes perspectivas e abordar os desafíos que implica compartir espazo co lobo. A cita terá lugar este mércores 21 de outubro, ás 18:30 horas, no Auditorio Pascual Veiga. Trátase dun tema de grande relevancia para o presente e o futuro do rural.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



