Alfoz, 22 de xullo, 2022. O martes 19 de xullo deu comenzo este campamento dirixido a adolescentes cunha duración de 3 días nos que puideron disfrutar dun amplo abano de actividades: kaiaks no Río Ouro, Busca do tesouro no Castelo de Castrodouro, festa da espuma, tiro con arco, piscina, inchables, multideporte… “contos de medo” e xogos nocturnos. Rematou o mércores 21.
O éxito da proposta deu lugar a que das 20 prazas previstas se aumentou a 25, ningún rapaz nin rapaza que quixo ir quedou fóra, todo o mundo que chamou para inscribirse entrou na actividade. Ao ser o primeiro ano e non saber moi ben o grado de aceptación dos xoves, propúxose unha franxa de idade ata 18 anos, sen embargo os interesados son os menores de 15 polo que na vindeira edición do Camp Night a intención é baixar a idade dos participantes.
Para moitos e moitas deles era a súa primeira experiencia de campamento no que ían dormir fóra da casa e así chegaron ilusionados o martes non só os de Alfoz, senón moitos do Valadouro, Foz, Burela e Ribadeo, habendo quen aproveitou tamén a súa estancia de vacacións na Mariña para vir desde Granada ou Asturias. As expectativas do grupo eran altas, sen dúbida, e o mércores ás 19:00h cando remataron deixaron claro que “para o ano volvemos”. Unha oportunidade única de divertirse, aprender e sobre todo convivir e facer novos amigos.























O venres descubrirase a placa que oficializa o nomeamento da Biblioteca Municipal co seu nome, dentro da iniciativa “Miradas sobre Agustín 2026-2027”, que busca divulgar o legado do escritor e apoiar a súa candidatura ás Letras Galegas de 2028. O programa inclúe unha exposición, a lectura dun manifesto e unha conferencia. O sábado entregarase no Auditorio o IX Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade. Rouco destacou a importancia de visibilizar a figura do autor e convidou a veciñanza a participar nos actos.
As nenas e nenos coñeceron o proceso de moenda e levaron unha mostra de fariña. García destacou a importancia de achegar a realidade do rural á infancia e agradeceu a colaboración das granxas, ANPAS e centros educativos. O Muíño de Coea é unha das novas incorporacións a un programa que este ano inclúe 210 actividades e chega a máis de 6.000 escolares de 74 centros da provincia.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



