Si, as noticias do verán (e do resto do tempo) son así, teñen moito aquel (e aqueloutro). E xa sabemos que Ribadeo non é Palma aínda que teña palmeiras, e que chamarse Eva María non é o mesmo que dicirse Victoria F. (F polo de se é segredo, a modo de Victoria’s Secret, xuntar o de Victoria a Federica nunha publicación calquera) e que ter un irmán tamén F, nome común ó tempo que propio por moi segundo, secundario ou segundón que sexa, non é o mesmo que ter un Manolo por moito que sexa o único que leva o portador, a máis de o máis abundante e usado na pel de toro ou boi.
A nova podería ser redactada algo así: A popular praia de Ribadeo recibiu a visita de Manolo coma un visitante máis que é. Non houbo ringleira de apretóns de mans no sinxelo acontecer diario do visitante. Tampouco houbo burla sacando a lingua ou semellante. A xente común é así, común. E mesmo será raro ver outra reportaxe que transmita o feito. Aquí, exclusiva, exclusiva! O glamour dos Bloques non se veu alterado pola chegada de Manolo. Todo o máis, algún amigo fíxolle un sitio arredor do corro do grupo sobre a herba. Iso si, preto da moza do momento. Podemos dicir ‘a moza dos seus ollos’? Sería moito dicir, como ten dous ó mellor non están de acordo. Tan simpático coma sempre, despois pegouse un chapuzón. Por suposto, algo que nos sorprendeu e deu que falar: fíxoo con casco! Preguntado sobre o feito, declarou que que tiña de anormal, que un casco é un gorro, ou, ao menos, parécense moito! Que ocorrencias máis cuquiñas ten este Manolo!
Tamén apareceu estes días por Ribadeo Eva María. A lombos da súa bicicleta xa vintage por iso de que é vella pero querida, lucía os seus sinxelos traxes. Non se sabe moi ben -dependerá de quen, é de supoñerse- se o vestido chama a atención sobre ela ou ela sobre o vestido; en todo caso, pode ter algo que ver co seu nome, emparentado co da antiga canción. Eva María pode tomar o Sol na praia, pero iso é o de menos. Como se non houbera Sol, ela pode iluminar as noticias e ser o punto de atención, vaia en bicicleta vestida ou non (é de preguntarse como iría se non).
Si, os pais de Manolo e Eva María tamén andan por aí. Son máis esquivos, xa non se deixan ver tanto como no pasado, sobre todo dende a división do matrimonio, e sobre todo o pai, máis apartado do mundanal ruído. En canto á nai, leva a súa nova solteiría fóra dos focos das novas, e non se pode engadir moito máis. Iso si, parece que a monxa non se meteu, e por Ribadeo pode verse.
– Nota: as historias froito da imaxinación non teñen por que parecerse a realidade, nin tampouco por que non parecerse. Asemade, tenden a ser exclusivas, pero tamén poden ser inclusivas. Tómese en consideración este feito e déixese voar a mente como se nas este verán sobrequecidas augas do Mediterráneo estivéramos, pois estas letras están mancas sen continuación nas vosas cabezas.

















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



