Ribadeo, 17 de agosto de 2022. O Concello organiza a charla Un galeón na ría de Ribadeo, novos achádegos e perspectivas. Será impartida polo doutor Miguel San Claudio o 26 de agosto ás oito da tarde no Teatro. O obxectivo pasa por difundir os resultados das prospeccións realizadas no galeón afundido na ría ribadense hai catro séculos.
O concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, contou que “continuando coas accións levadas a acabo dentro do proxecto Retornos do pasado para o estudo e difusión da cultura marítima de Ribadeo, o Concello organiza a charla, Un galeón na ría de Ribadeo, novos achádegos e perspectivas, impartida polo Doutor Miguel San Claudio e onde darán a coñecer o resultados das prospeccións realizadas na ría dende o inicio do proxecto. Terá lugar o día 26 de agosto ás 20 horas no Teatro de Ribadeo”.
O edil ribadense explicou que “haberá ademais unha segunda xornada, o 3 de setembro, no Clube Náutico de Ribadeo onde, a partires das 8 da mañá, se levará a cabo unha charla e visitas guiadas no xacemento arqueolóxico na ría de Ribadeo. Para poder acudir será necesario inscribirse con anterioridade e contar con título de mergullo e seguro. As inscricións pódense facer na Área de Desenvolvemento Local do Concello de Ribadeo, chamando ao teléfono 982128650 ou no email adl@ribadeo.org. En caso de non ter seguro poderase solicitar para ese día”.
Vizoso Galdo salientou que “a ría de Ribadeo conta cunha riqueza arqueolóxica recoñecida, o que lle aporta un gran valor engadido á nosa contorna natural, e aínda que é un dos recursos máis importantes da nosa zona tamén pode ser un dos máis descoñecidos. Por ese motivo, ao longo dos últimos tempos, fixéronse tarefas de investigación entre as que se encadra o proxecto financiado polo GALP Retornos do pasado, que pretende a recuperación de pezas de interese patrimonial para o seu posterior estudo”.
Para o concelleiro de Desenvolvemento Local “esta será unha oportunidade para coñecer de primeira man o que hai na nosa ría e os segredos que esta agocha da man dun experto en arqueoloxía submarina”.





















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



