VIVEIRO .- RegalXunqueira rende homenaxe a Luís Seoane coincidindo co centenario do seu nacemento con a mostra “100 anos de Luís Seoane”, que inclúe 40 obras , propiedade unha parte propiedade do Centro cultural e outras pezas cedidas para a ocasión por diversas coleccións privadas. O acto terá lugar o venres, 6 de Agosto ás 20 horas no auditorio e sala de exposicións do Complexo CulturalRegal Xunqueira. Proxectaranse os documentais: “Os tentáculos dos anxos” (Iconografía da obra de Luís Seoane) e “Luís Seoane, Visualidade, Recordo e Síntese”.
Nota de Prensa
COMUNICADO DE PRENSA
COMPLEXO CULTURAL
REGALXUNQUEIRA
Curva de Xunqueira-Viveiro.
Camiño Real, 127 – Xunqueira
27850 Viveiro (Lugo)
Tlf. 982 56 25 89 – Fax 982 56 04 06
ceramica@oteroregal.com
www.oteroregal.com
Ten o pracer de invitar a Vde. á inauguración da exposición
100 ANOS DE LUIS SEOANE
REGAL XUNQUEIRA, rende homenaxe a Luís Seoane coincidindo co centenario do seu nacemento con a móstra “100 anos de Luís Seoane”, que incluie 40 obras , propiedade unha parte propiedade do Centro cultural e outras pezas cedidas para a ocasión por diversas coleccións privadas (Santiago Borrazas, Novo e Ribeira).
Trátase na súa maioría de gravados (carteis, serigrafías e xilografías, libros e ilustracions realizadas entre 1944 e 1979). A obra de Seoane é unha simbiose entre o afán por evocar a arte tradicional de Galicia, manifestada a través dos petróglifos e da enorme presenza do románico, e a arte das vangardas históricas, admiradas polo pintor galego xa desde a súa etapa como estudante de Dereito en Santiago de Compostela.
Luís Seoane foi autodidacta na súa aprendizaxe plástica, a súa curiosidade e admiración pola Galicia dos seus antepasados e pola arte en xeral foron os motores do seu coñecemento. A súa estética marcará un antes e un despois na historia das artes plásticas en Galicia. Tanto a cultura arxentina como a galega constituíron o impulso da súa diversa e extensa produción.
Acto que terá lugar o vindeiro venrres, 6 de Agosto ás 20 horas no auditorio e Sala de Exposicións do Complexo Cultural REGALXUNQUEIRA – VIVEIRO.
Proxectaranse os documentais: “Os tentáculos dos anxos” ( Iconografía da obra de Luis Seoane) e “Luis Seoane, Visualidade, Recordo e Síntese”
Sirvirase un viño e algo de comer.
Luis Seoane
Pintor, gravador, muralista, ceramista e poeta. Naceu en Bos Aires, o 1 de xuño de 1910. Aos 6 anos de idade, chegou a Arzúa, Galicia, lugar dos seus antepasados. Licenciouse en Dereito en 1934. Paralelamente á súa formación universitaria, iniciou os seus estudos en gravado e pintura realizando a súa primeira exposición en 1929. Comprometido coa realidade político-social de Galicia, participou intensamente na vida cultural da época, converténdose xunto con outros artistas, nun motor de renovación plástica. A peripecia vital e intelectual de Luís Seoane non supón tanto o esforzo de levar a cabo unha obra ampla e coherente, como a vontade de devolverlle á plástica e ao pensamento galego a dignidade perdida polos anos de illamento e atraso: unha creatividade apaixonadamente comprometida co seu tempo.
A vida de Luís Seoane (Bos Aires 1910-A Coruña 1979) foi unha longa viaxe a través do século XX. Formado durante a ditadura de Curmán de Rivera, loitador nos anos da República, fuxido en 1936, organizador e promotor da vida cultural no exilio, viaxeiro polo mundo e atento aos múltiples discursos que ía xerando a súa época, Seoane foi testemuña de excepción deste século axitado e convulso. A súa obra, vasta e diversificada, o seu pensamento aberto, as súas iniciativas, convérteno nun personaxe destacado no panorama da cultura galega e española do século XX, que axudou a construír co seu esforzo, o seu talento e o seu compromiso.
A SUA OBRA
Primeira etapa: influencia do expresionismo alemán (Grosz, Otto Dix), os estudos de Lissitstzky, a metodoloxía da Bauhaus e, en maior medida, do traballo de Pablo Picasso. Entre as súas primeiras obras destacan os seus espidos femininos e os retratos de campesiños no medio da paisaxe dunha Galicia utópica.
A finais dos 40 a súa obra evolucionará cara a unha pintura na que o escenario xa non ten o protagonismo doutrora e no que se reduce o sentido da profundidade. A representación ilusoria de tridimensionalidade cedeu paso a outras propostas compositivas. Seoane aplanou o espazo, esquematizó as figuras e deixou de perseguir o sentido de profundidade, dotando á súa obra dunha inmensa forza sintética.
Nos 50 abandoou a paleta de terras e grises, e inclinouse cara ao uso de tinguiduras saturadas, por considerar á cor como elemento plástico autónomo. As pinturas dos anos cincuenta presentan figuras de rexia estrutura e forte estatismo e monumentalidade
Os descubrimentos técnicos que lle proporcionan a realización de ……levaranlle ao redor dos anos sesenta a expresarse por medio dunha pintura plana de fortes contrastes de cor e dun grafismo que se superpón á obra pictórica, liñas e planos de cor relaciónanse entre si. cargando a súa obra de gran forza sintética, levándoa cara a unha deconstrucción da imaxe que suporá o cenit da súa etapa de madurez. Seoane reproduce representacións humanas, tema esencial da súa obra, hieráticas e que se reducen a esquemas figurativos, de contido simbólico, de enorme poder de suxestión.
EIXOS TEMATICOS
A muller é un gran eixo temático dentro da súa produción. Seoane rendeu homenaxe á figura feminina e reivindicou o seu rol tanto no campo laboral como familiar. A muller sentada é un motivo habitualmente visto nas construccións románicas de Galicia e ao cal o artista recorreu continuamente reelaborándoo.
“O ARTISTA E A MEMORIA DO POBO”
“En cada país existe unha realidade simbólica que se manifesta de moitos modos e que se herda. Trátase de signos e formas que vencen ao tempo e pasan dun a outro estilo. A arte dun pobo, sen querelo, actúa de axente transmisor. Esas formas e signos orixinan á súa vez outras novas, ocorre probablemente como cos contos populares e as lendas. O futuro está condicionado ao aproveitamento que fagamos hoxe con ideas do noso tempo daquilo que herdamos.” O artista nunca se abstrae da realidade histórica en que vive. O pobo é país e vive fatalmente o seu tempo. Non pode escapar a leste.?
?A arte sempre está comprometido coa sociedade en que se desenvolve (?) o tema non pode ser anécdota circunstancial, senón reflexo dun sentimento universal que alcance a todos homes, tal é o caso de ?Os desastres da guerra? (…) O arte non soluciona nunca nada; o que fai é amosar as cousas, descubrilas, ensinalas na súa particularidade e fondura aos homes.?






















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocou o luns a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.



