O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, subliñou que a intervención ten por obxecto corrixir as patoloxías detectadas para garantir a conservación e promoción cultural do ben
Lourenzá, 31 de agosto de 2022. A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades está a executar obras de restauración da igrexa do mosteiro de San Salvador de Lourenzá, nas que inviste 316.100 euros.
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, comprobou hoxe a marcha dos traballos, que se centran en corrixir as patoloxías existentes para garantir a conservación do ben e favorecer a súa promoción cultural. O delegado estivo acompañado pola alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, e representantes da asociación Patrimonio Laurentino, entre outras persoas.
A intervención ten como principais finalidades eliminar os danos estruturais existentes nas fábricas de cantería da nave lateral sur e a supresión de filtracións de auga de chuvia a través da súa cuberta. Tamén a restauración da lanterna situada sobre a cúpula do cruceiro, a reparación de humidades interiores e a renovación integral da instalación eléctrica.
Arias lembrou que o mosteiro de San Salvador de Lourenzá está considerado Monumento Histórico Artístico nacional dende o ano 1974 e representa un elemento de especial interese no ámbito do Camiño Norte. Subliñou o compromiso da Consellería “coa preservación do noso patrimonio, que ademais supón un recurso turístico de primeira orde”.
Actuacións propostas
Entre as actuacións concretas que se propoñen, no caso da lanterna contémplase a reconstrución do cupulín e entaboado, a restauración das capintarías e ferraxes e a incorporación dun sistema de ventilación.
Tamén o selado de gretas e xuntas na nave da epístola e o triforio; e o selado da greta do muro sur con inxección de morteiro de cal. A nova acometida eléctrica completarase con proxectores led para retablos, a nave principal, o cruceiro e o presbiterio, e na planta superior nas naves laterais e a tribuna. Así mesmo, intervirase na cuberta para evitar as entradas de auga nas naves laterais, entre outros traballos de mellora.
As actuacións comezaron pola realización dos estudos previos e está previsto que finalicen de cara ao vindeiro outono.





















Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"



