O novo vicevoceiro lembra que “a Deputación, como todas as entidades locais, vaise beneficiar do incremento da participación nos tributos do Estado” e ten que tomar en consideración “que os concellos, que prestamos servizos de abastecemento de auga e de saneamento, vemos incrementada notablemente a nosa factura da luz”
Lugo, 9 de setembro de 2022. O alcalde de Castro de Rei, Francisco Balado, asume a viceportavocía do grupo provincial do PP que quedou vacante pola recente renuncia de Agustín Baamonde como deputado. O portavoz popular, Javier Castiñeira, anunciou dende Castro de Rei a nova responsabilidade que desempeñará Balado e este estréase coa reclamación ao goberno presidido polo socialista José Tomé de que, ao fío do novo orzamento, incremente o Plan Único ata os 26 millóns de euros, para cumprir o compromiso que adquiriu ao principio do mandato de subir dito plan nun 25%. Balado demanda tamén a mellora da vía que constitúe o cinto comarcal.
Castiñeira sinala: “Dende Castro de Rei, o grupo provincial do PP quere anunciar que o alcalde deste municipio, Francisco Balado, será vicevoceiro popular na Deputación en substitución de Agustín Baamonde. Balado é un compañeiro que xa ten intervido en diferentes sesións plenarias; é unha voz importante do Partido Popular e un alcalde recoñecido. Será a voz de non só de Castro de Rei senón de todos os concellos pequenos e medianos que necesitan que os defendan con forza, porque en moitas ocasións son ninguneados polo goberno da Deputación”.
Balado, pola súa parte, declarou: “Dende o Concello de Castro de Rei asumo este novo cometido con moita ilusión e tamén con moitas ganas de continuar traballando en nome da provincia e do grupo do Partido Popular, como levamos facendo nestes tres anos dende que comezou a lexislatura”. Explicou: “Agora que arranca o curso político, queremos facer un chamamento á Deputación Provincial para que dunha vez cumpra o compromiso que anunciou ao comezo da lexislatura de incrementar o Plan Único no 25%; empezou este mandato en 21 millóns de euros e neste exercicio incrementouse ata os 21,5 millóns de euros, pero para cumprir ese compromiso do 25% tería que chegar ata os 26 millóns de euros”.
Francisco Balado destaca que “a Deputación, como todas as entidades locais, vaise beneficiar do incremento da participación nos tributos do Estado”. Engade: “Todas as Deputacións deben pensar nos concellos, neste contexto complexo no que os concellos que prestamos servizos de abastecemento de auga e de saneamento, vemos incrementada notablemente a nosa factura da luz. A Deputación non presta estes servizos, pero si será receptora de fondos e vaise ver beneficiada dese incremento na participación dos tributos do Estado, por iso queremos que cumpran ese compromiso que anunciaron ao principio da lexislatura de incrementar o Plan Único un 25%, ata os 26 millóns de euros; ten que pensar nos concellos e en que asumen gastos extraordinarios como consecuencia da suba da factura eléctrica e dos carburantes”.
En canto á rede viaria, Balado demanda á Deputación “que destine fondos a mantemento e conservación da rede viaria”, en concreto para o cinto comarcal, unha vía que ten máis de 100 quilómetros e que vertebra boa parte do centro da provincia de Lugo. Explica: “Hai zonas deste cinto comarcal, e unha delas é Castro de Rei, nas que esta vía está en mal estado de conservación, así como outras estradas de titularidade provincial que precisan ser reparadas antes de que chegue o inverno e o seu deterioro aumente”.



















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



