Viveiro, 28 de outubro, 2022. O Centro Comercial Histórico de Viveiro aposta unha vez máis por impulsar as compras e o ocio na súa cidade. Pon en marcha este venres 28 e o sábado 29 de outubro a campaña Shopping Weekend, un fin de semana de compras ofrecendo fantásticos descontos en miles de artigos.
Unha oportunidade para pasar a fin de semana facendo compras nos 44 comercios participantes na campaña e desfrutar de descontos do 20% en miles de artigos. Participan locais de moda de home, muller e nenos, calzado, complementos, artigos de deporte, lencería, xoias, mobles, decoración, agasallos, artigos para o fogar, alimentación, iluminación, óptica, telefonía, estancos e salóns de peiteado.
Os locais participantes son:
– Óptica Rosario
– Deportes Don Balón
– Confecciones Justo Vázquez
– Bolboreta Mercería
– Muebles Iglesias
– Irimia Paquetería
– Mimimó Moda Infantil
– Baamonde Style
– BMD
– Complementos Sulian
– Calzados Vogue
– Cocolatte – Esprit
– La Óptica Viveiro
– Lencería Canela
– Van Surf Sneakers
– Peluquería Richard XFavor
– Van Surf Shop
– Carnicería Mariño
– Fontana
– Paquetería Mónica
– Oxígeno Surf
– MasLife Móvil
– Óptica Casariego
– Joyería Paleo
– Kalea Platería
– SCA Masajes
– Tacones
– Versus
– Nacar
– Estanco Casanova
– Podium Sport
– Moviltom
– Calzados Albo
– Kandela Iluminación
– Albo Zapaterías
– Cerámica Regal
– Albo 55 Sneakers
– Oscar Rodríguez Joyeros
– Miss-tic
– Platax
– Kerale Moda
– Jonathans
– Peluquería Angeles Salgueiro
– Rockids
Os locais participantes estarán identificados cós distintivos da campaña, banderolas de color fucsia de 2,60 metros de altura colocadas nas entradas dos comercios, indicando o desconto do 20%, así como vinilos da mesma cor pegados nos escaparates. Deste xeito para o cliente é moi sinxelo identificar aqueles locais nos que poderá desfrutar da campaña de descontos.
Tratase de ofrecer ó cliente a mellor calidade, variedade e prezo, sen ter que desprazarse, mercando no comercio local, un comercio que ofrece un trato persoal e profesional.
É moi importante lembrar que estes descontos non son acumulables a outras ofertas que xa teñan nos comercios, a encargos ou a devolucións, xa que é unha campaña puntual organizada só para as vendas destes dous días.
Esta campaña está cofinanciada pola Xunta de Galicia, dentro das axudas para a dinamización de Centros Comerciais abertos de Galicia.























Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
O sindicato denuncia a decisión unilateral da empresa de retirar días de descanso e implantar quendas que dificultan a conciliación. As concentracións serán nos centros de traballo de Foz (Uxío Novoneira s/n) e Ribadeo (Avda. Galicia 27). Lémbrase que non é unha folga e apélase á solidariedade da plantilla para defender as condicións laborais conquistadas.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.



