O mércores, 2 de novembro, alumnado de centros educativos de Cervo en horario de mañá realizará unha visita guiada ao castro e en horario de tarde (16.30 horas) terá lugar unha xornada de portas abertas para o público xeral
Santiago de Compostela, 31 de outubro do 2022. Un equipo do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) coordinado por David González Álvarez (Instituto de Ciencias do Patrimonio) e por Jesús García Sánchez (Instituto de Arqueoloxía de Mérida) inicia un estudo preliminar do castro de Rueta (Cervo, Lugo), o cal contempla a súa análise cunha metodoloxía pioneira en Galicia para avaliar o seu estado de conservación e considerar a súa idoneidade para o desenvolvemento de actuacións máis ambiciosas nun futuro próximo.
“As actuacións previstas agora contemplan aplicar métodos de traballo non invasivos para espremer as informacións dispoñibles sobre a biografía deste xacemento sen mover nin un gran de terra. E é que os métodos de prospección geofísica, empregando magnetómetros e georradares, o estudo do poboado fortificado con diferentes sensores transportados por drons, así como o estudo de imaxes aéreas e satelitales, serven para evitar afeccións sobre o xacemento antes de considerar a súa idoneidade para poñer en marcha un programa de actuacións con métodos máis habituais en arqueoloxía, como a escavación”, explican os arqueólogos do CSIC.
“Estas actuacións tomou forma grazas á iniciativa da Asociación Mariña Patrimonio, desde onde se solicitou o apoio da área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo a través dunha subvención para desenvolver investigacións arqueolóxicas. Paralelamente, o Concello de Cervo sumouse ao proxecto achegando persoal e medios propios para efectuar unha roza moi extensa do castro e a súa contorna para facilitar as actividades arqueolóxicas. Por último, e á vista do notable interese deste xacemento para as liñas investigadoras dos arqueólogos a cargo da actuación, fondos propios do CSIC completan o orzamento dispoñible para efectuar estes traballos”, destacan González e Sánchez, quen sinala á súa vez “a excelente disposición dos propietarios dos terreos sobre os que se levanta o castro, quen deu o seu permiso para desenvolver estas investigacións”.
A iniciativa, por tanto, é froito da colaboración entre institucións públicas, entidades civís do tecido asociativo local, veciños e organismos públicos de investigación.
Prevese que estas primeiras actuacións, posteriores aos labores de esnaquice e acondicionamento do castro, teñan unha duración aproximada de dúas semanas.
“A limpeza da densa vexetación que cubría o castro permite xa obter unha imaxe inédita do mesmo, destaca un sistema defensivo impoñente, con varias liñas de murallas e fosos que mostran un bo estado de preservación”, sinalan desde o CSIC.
As actuacións no castro Rueta (Cervo, Lugo) estarán abertas á cidadanía, xa que durante a próxima semana desenvolveranse varias actividades divulgativas, entre as que cabe citar a visita guiada ao castro o mércores, 2 de novembro, de alumnado de centros educativos de Cervo en horario de mañá e en horario de tarde (16.30 horas) unha xornada de portas abertas para o público xeral.
O enclave ten un notable interese para desentrañar aspectos sobre a formación e desenvolvemento dos modos de poblamiento da Idade do Hierro e a época romana máis temperá para esta zona, onde escasean as intervencións arqueolóxicas en castros deste tipo. Neste sentido, o equipo do CSIC confía en, a través das actuacións previstas para estas semanas, desvelar aspectos como a densidade de construcións antigas observables ao interior do castro, a entidade das súas murallas, ou a existencia de restos arqueolóxicos en zonas da contorna do castro onde non foran observadas trazas da súa antiga ocupación. Do mesmo xeito, a campaña permitirá testar a adecuación dos métodos arqueolóxicos de mínima invasión á paisaxe e a xeoloxía da Mariña, unha estratexia que os arqueólogos David González Álvarez e Jesús García Sánchez desenvolveron anteriormente con éxito noutros castros galegos como o de Castromao (Celanova, Ourense), así como en enclaves prerromanos de Asturias ou Castela e León.
























Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



