“As actuacións mellorarán a eficiencia enerxética e a sustentabilidade ambiental, reducindo un 35% do consumo de enerxía”, remarcou a subdelegada
A Pontenova, 31 de outubro 2022. A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, xunto ao alcalde da Pontenova, Darío Campos, supervisou este luns as actuacións que o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (Mitma) vai financiar con 305.000 euros para melloras na eficiencia enerxética e o acondicionamento das oficinas da Casa do Concello. Estes fondos do Goberno proceden da convocatoria en concorrencia competitiva da Liña 1 do Programa de Impulso á Rehabilitación de Edificios Públicos (PIREP Local), incluído no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
“Estas actuacións amosan o compromiso e sensibilidade do Goberno de España na mellora dos servizos públicos dos concellos do rural” destacou a subdelegada quen sinalou que “o reto demográfico é unha aposta inalienable deste Executivo, por iso seguimos desenvolvendo proxectos que manteñan a actividade nestes municipios, tendo como fin a igualdade de oportunidades e a mellora da calidade de vida da súa veciñanza”.
Durante a visita ás instalacións do Concello da Pontenova, Rodríguez salientou o papel que desempeñan os concellos “para facer as nosas cidades e pobos máis amables e sostibles”. Así, detallou as obras que se realizarán na casa consistorial con cargo a este plan estatal e que estarán rematadas, previsiblemente, a mediados de 2024.
Concretamente, as actuacións consistiran na mellora do illamento térmico da fachada cun panel ríxido de polistireno expandido, a renovación da carpintería exterior, substitución das luminarias existentes de todas as plantas por lámpadas LED de baixo consumo, instalación dunha nova caldeira para a calefacción, así como o repintado de todas as estancias e renovación das baixantes e dos canlóns exteriores.
Estas obras axudarán a mellorar a eficiencia enerxética e a sustentabilidade ambiental, garantindo a redución de máis do 35% do consumo de enerxía primaria non renovable, a accesibilidade, a habitabilidade e a conservación deste edificio público municipal explicou Rodríguez.
Isabel Rodríguez felicitou ao rexedor pola consecución desta axuda, “que é un exemplo de como as administracións poden e deben camiñar da man polo futuro dos pobos e das parroquias de Galicia”.
Máis de 3,2 millóns na provincia
Neste eido, Isabel Rodríguez informou que o Executivo Central destina un investimento total de 3.271.062,96 euros na provincia a proxectos de rehabilitación de locais públicos de titularidade municipal en 7 concellos. Ademais, da Pontenova, son Vilalba, Antas de Ulla, Portomarín, Rábade, Pol e A Fonsagrada.
A subdelegada destacou a repercusión deste plan posto en marcha polo Goberno e “o importante papel que ten para a mellora e recuperación de edificios públicos, beneficiando directamente aos máis de 26.000 veciños e veciñas que viven nestas localidades”.
Ao mesmo tempo, puxo en valor a dimensión social do programa, xa que todos os edificios que se van a rehabilitar no marco desta convocatoria destínanse a uso administrativo, educativo, cultural ou deportivo.






















Foz será o protagonista do programa Voces de Lugo, de RadioVoz, que se emitirá en directo de 12 a 14 horas desde a cafetería Marexada para toda a provincia. Félix Jorquera charlará co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fará un balance do verán, analizará os proxectos para os vindeiros meses e tamén o momento polo que atravesa o deporte local.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.



