Foz 31 de outubro, 2022. O PSdeG de Foz presentou emendas por importe duns 15 millóns de euros ao orzamento da Xunta de Galicia. Dende a formación socialista -refire a súa Secretaria de Organización Maria Luisa Piñeira- consideramos que xa que este é, en palabras do Presidente da Xunta “o orzamento mais alto da historia”, a administración autonómica debe demostralo incluíndo as actuacións necesarias para mellorar a vida da poboación focense, logo de moitos anos sen apenas investimento en Foz por parte da Xunta.
As emendas céntranse nas áreas de benestar, saneamento, seguridade viaria e peonil, infraestruturas educativas, culturais e portuarias. Os proxectos presentados e demandados polo PSdeG de Foz, viables e necesarios, están pensados para dar resposta ás necesidades do noso pobo e a súa veciñanza.
Nos orzamentos da Xunta de Galicia para este 2023 figura unha única partida para a EDAR de Foz que, benvida sexa pero chega tarde acumulando anos de retraso- sentencia Maria Luisa Piñeira- A EDAR foi comprometida polo Goberno galego mediante convenio no 2016 con fecha tope para estar operativa no 2021. A día de hoxe, co contrato adxudicado en agosto do ano 2022 continúan sen comezar as obras. O orzamento só contempla unha partida para o ano 2023, sen partida para o ano 2024. Dende o PSOE de Foz demandamos que se inclúan as partidas necesarias ata completar o total do orzamento da licitación para que se executen as obras sen mais dilación.
Outra das emendas que presentamos os socialistas vai dirixida ao Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, para que se inclúan as partidas necesarias para que a Residencia de Maiores de Foz, que xa naceu pequena con tan só 40 prazas de residencia e outras tantas de centro de día, se adecúe ás necesidades existentes e elimine as vergonzosas listas de agarda de máis de 124 persoas para a residencia, o que constitúe un auténtico despropósito xa que o tempo de agarda para obter unha praza de residencia pode estimarse en 25 anos, cunha perspectiva de empeoramento moi importante mes a mes, como leva denunciado o Alcalde de Foz Fran Cajoto.- explica Maria Luisa Piñeira, que prosigue relatando as demandas socialistas.
Unha reforma integral do CEIP Fondo Nois, de 50 anos de antigüidade, en moi mal estado por falla de inversión.
Unha zona segura para desembarco do alumnado que acude en autobús ao IES de Foz, situación que podería revertirse nos terreos do propio centro segundo un plano de deseño aportado polo Concello de Foz.
Unha partida para a dragaxe urxente do Porto Chico, no que a falta de calado imposibilita o seu uso normal. E xa que Portos de Galicia afirma que está a redactar un proxecto de reforma de dito porto, con aumento de amarres e modificación da bocana de entrada, plasme dito compromiso no orzamento. Así como unha partida orzamentaria para a mellora do firme na explanada portuaria do peirao de Foz, en pésimo estado, con numerosas fochancas e falta de varanda nunha zona que é empregada principalmente como estacionamento constituíndo un grave perigo, que inclúa a colocación de dita varanda en toda a fronte do peirao ata máis alá da nave do Clube Kayak.
Da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, reclamamos que inclúa as partidas orzamentarias necesarias para a execución da última fase de beirarrúas en Cangas de Foz, xa que a estrada LU-162 entre Ferreira do Valadouro e Cangas de Foz presenta unha intensidade media de vehículos moi elevada e a presenza de gran número vivendas en ambas marxes na zona de Cangas aumenta a perigosidade para os desprazamentos a pé de veciñas e veciños.
E seguimos demandando a construción de un Auditorio. Foz é o segundo concello da comarca da Mariña, con máis de 10400 habitantes. A pesar da gran importancia do tecido asociativo no eido cultural e a ampla programación que presenta o Concello, Foz vese tremendamente limitado ao non contar cun auditorio para que as representacións e espectáculos de todo tipo se desenrolen nun espazo axeitado. Na comarca da Mariña, concellos de menos de 5000 habitantes si contan con esta infraestrutura financiada pola Xunta de Galicia o que é un agravio comparativo ao noso xuízo- di para rematar Maria Luisa, a Secretaria de Organización do PSdeG focense.






















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



