Ribadeo, 22 de novembro de 2022. Nos vindeiros días abrirán as súas portas en Ribadeo unha discoteca e unha firma de comida rápida, segundo deu a coñecer esta mañá o alcalde, Fernando Suárez.
O rexedor referiuse “a dúas actividades que están de actualidade nestes tempos aquí en Ribadeo. Por unha banda, unha discoteca que quería abrir hai un tempo. Pois ben, logo de ter cumprido todos os trámites e esixencias legais que o Concello lle indicou aos seus promotores, desde esta semana poden desenvolver a súa actividade cando o desexen.
Queremos dicir isto porque ao principio, vimos que as cousas non se plantexaban ben e houbo que indicárllelo. Desde este Concello procuramos ser áxiles nos procedementos administrativos e así o demostramos cando as cousas se presentan correctamente. Cando non sen fan, veñen os problemas, os retrasos, etc. E nada máis lonxe da nosa intención”.
Suárez Barcia dixo: “sirva polo tanto este caso como exemplo. Todo ben presentado, as obras necesarias feitas e as autorizacións outorgadas. Unha boa nova para toda a nosa mocidade, que terá agora unha oferta máis variada de locais de lecer”.
O alcalde manifestou: “outro caso de actualidade é esta firma de comida rápida que quere abrir na Aveniva da Ría de Ribadeo. Desde que tivo outorgada a licenza de obra, os seus promotores estiveron executando as obras de construción a unha velocidade impresionante. Nesta mesma mañá foi presentada no Concello a última documentación necesaria para outorgar a autorización de actividade, polo que prevemos que nesta mesma semana poida abrir as súas portas”.
E engadiu: “en definitiva, Ribadeo é un lugar onde están moi claros os requirimentos técnicos e xurídicos para poder desenvolver cantas actividades económicas se desexen, sempre que estes criterios técnicos sexan cumpridos”.






















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.



