Ribadeo, 25 de novembro de 2022. No libro Ribadenses destacados. 44 biografías, séculos XIX a XXI, que se presentará hoxe, 25 de novembro, ás 20.00 horas no Teatro, aparecen as biografías de diferentes persoeiros que destacaron como artistas plásticos, músicos, xornalistas, mestres, intelectuais, científicos e inventores, políticos, xuristas, empresarios e benfeitores e que naceron, viviron ou desenvolveron unha parte significativa da súa obra en Ribadeo. Entre eles aparecen tres mulleres: Manuela Barreiro, Corona González e Luz Pozo.
O libro está coordinado por Francisco Díaz-Fierros Viqueira e por unha Comisión Asesora formada por Carlos Álvarez Lebredo, Toni Deaño Gamallo e Chemi Lombardero Rico. Está escrito por un total de 18 autores ribadenses, que ou ben tiveron unha relación especial cos biografados ou son recoñecidos investigadores da historia local. A obra foi patrocinada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.
Conta con debuxos de Juan López Rico e unha portada de Fernando F. Paez, tamén nados nesta vila, polo que este libro pode considerarse como unha obra colectiva de ribadenses que tentan recuperar do esquecemento a homes e mulleres que co seu traballo singular, a súa proxección pública ou a súa dedicación ao engrandecemento e benestar de Ribadeo, merecen o recoñecemento e agradecemento de todos.
O acto desta tarde estará presidido polo alcalde, Fernando Suárez, e no mesmo intervirán Francisco Díaz-Fierros como coordinador do libro, Eduardo Gutiérrez, cronista oficial de Ribadeo, e Mª Xosé Gómez, representante da Secretaría Xeral de Política Lingüística, patrocinadora do libro.






















Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"



