María Loureiro ratificou hoxe nunha reunión en Santiago con Augas de Galicia o compromiso do concello co proxecto, ademais de constatar a demora da Administración autonómica na elaboración e aprobación do mesmo
Viveiro, 30 de noviembre de 2022. A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e a deputada provincial de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo da Deputación de Lugo, Pilar García Porto, participaron hoxe en Santiago na reunión da comisión de seguimento do convenio de colaboración asinado polo Concello, a Deputación de Lugo e Augas de Galicia, dependente da Consellería de Infraestruturas, para financiar a redacción do proxecto técnico que servirá de base para o acondicionamento do río Fontecoba, no barrio de Xunqueira, co fin de reducir os riscos de inundacións.
No encontro, Loureiro e García Porto ratificaron o compromiso total do concello e da Deputación de Lugo co proxecto. De feito, ambas entidades cumpriron coas obrigas económicas que lles corresponden no marco do convenio, que ascenden a un total de 23.000 euros por cada administración.
Ao mesmo tempo, Loureiro e García Porto expresaron a súa preocupación polo retraso de tres anos que acumula a Administración autonómica na redacción e aprobación do proxecto, un procedemento que é responsabilidade da Xunta de Galicia segundo establece o convenio asinado.
Desta forma, unha vez firmado o acordo en xullo do ano 2020, a Consellería de Infraestruturas non formalizou o contrato de servizo para a redacción do proxecto construtivo ata case un ano despois, o 10 de xuño de 2021, e logo solicitou varias ampliacións de prazo.
Na reunión de hoxe, Augas de Galicia pediu unha nova prórroga de seis meses, que a Deputación e o Concello decidiron conceder, “poñendo por riba de todo os dereitos e os intereses” dos veciños e veciñas.
“Agardamos que sexa a última e que antes de que remate o prazo máximo, de 6 meses contados a partir do día 31 de decembro, o proxecto, que segundo nos dixeron hoxe atópase en fase de revisión, estea listo”, afirma Loureiro.
O proxecto contemplará un conxunto de actuacións que pasan, entre outras, polo aumento e naturalización do leito do río, construción dunha pasarela de acceso alternativa, reforzar as cimentacións que foron danadas, ampliación das de dúas pontes, fonte, eliminación de edificios e ruínas pegadas ao leito do río e reubicación do lavadoiro.




















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



