Viveiro, 10 de decembro, 2022. A campaña de Nadal do Centro Comercial Histórico de Viveiro comeza nestes días cunha morea de actividades, concursos e sorteos.
Este ano seguimos apostando por reforzar a decoración da rúa, e repartimos mais de 120 árbores de luces leds que están colocados nas entradas dos comercios. A atmosfera navideña tamén será musical, posto que as rúas estarán ambientadas con panxoliñas, grazas ó fío musical instalado nos últimos anos por todo o centro urbano.
Intalarase a árbore de luces xigante cun novo emplazamento, este ano estará nos Xardíns Noriega Varela (zona Templete da Música). Con case 11 metros de altura este ano incrementáronse o número de luces led que leva incorporadas e acondicionarase o valado exterior da mesma.
Tamén se instalará nos Xardíns Noriega Varela (zona do Templete da Música) a “Casita de Papá Noel” en colaboración có Concello de Viveiro, en horario de 17:00 ata as 20:00 da tarde os dias 17 e 18 de Decembro e dende o 21 ó 24. Os negocios asociados ó CCHV están a repartir 8.000 cartas entre os nenos da vila para que lle poidan escribir a Papá Noel a carta a depositar na casita.
Durante eses dias Papá Noel e os Elfos recibirán ós nenos, recollerán tódalas cartas e atenderán as peticións dos máis pequenos. Este ano ó carón da Casita colocarase tamén un buzón xigante onde os nenos poderán depositar as súas cartas no horario no que a casita non esté aberta. Continuamos así un clásico do Nadal de Viveiro, ó que acoden moitos nenos da comarca cheos de ilusión.
E o máis esperado do Nadal e polo que moitos clientes nos preguntan dende hai días, é o sorteo dos 3 soldos de 1.200€ do CCHV. O reparto das papeletas será a partir do día 26 cas compras realizadas nos comercios asociados e entregaranse ata o dia do sorteo.
Lembramos que o premio consiste en 3 soldos de 1.200€ cada un en vales de compra, repartidos ó longo dun ano, sendo 100€ ó mes para cada un dos 3 agraciados.
O sorteo farase o 4 de xaneiro de 2023 ás 21:00 horas na Praza Maior de Viveiro, e estará presentado polo gran Dani Rios. Este sorteo vai xa pola 10ª edición, e converteuse en todo un clásico e nunha cita ineludible do Nadal.
Tamén este ano realizamos o Concurso de Balcóns, Fachadas e Escaparates de Nadal en colaboración co Concello de Viveiro. Imos xa pola 3ª edición pero este ano trae novidades. Haberá premios tanto para os comercios como para os veciños.
Esta colaboración co Concello de Viveiro xurde có obxecto de incentivar a participación cidadá e empresarial nunha dobre vertente; por unha parte, favorecer a creatividade na decoración dos inmobles particulares e, por outra, contribuír á promoción das compras nos negocios locais.
As categorías e premios serán:
CATEGORÍA VECIÑOS:
– 1º Premio ó mellor balcón ou fachada navideña 150€
– 2º premio 100€
– 3º premio 50€
CATEGORÍA COMERCIOS:
– Premio ó mellor Balcón ou fachada navideña 100€
– Premio ó mellor escaparate e interior do establecemento 100€
– Premio á mellor decoración de local de hostalaría 100€
Este ano tamén queremos mimar cada agasallo que se merque no comercio local polo que se repartiron entre os negocios asociados, 15.000 bolsas de papel e pegatinas, un packagin para preparar os agasallos de Nadal e que o comercio local marque a diferencia.
Durante estos días estamos a traballar nun spot promocional do comercio de Viveiro, que se estrenará na semana do 20 de decembro, e que pretende poñer en valor o comercio da vila.
Gran cantidade de actividades, sorteos e premios para dinamizar unha das épocas máis importantes para o comercio local, e acadar que Viveiro continúe a ser, un ano mais, referente de compras en toda a comarca, sempre contando ca colaboración da Xunta de Galicia e do Concello de Viveiro.





















A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.



