Burela, 17 de decembro, 2022. O Pescados Rubén Burela FS xogou hoxe ás 18.00 horas no Pavillón Colexio El Valle Sanchinarro de Madrid contra o CDE El Valle e o equipo mariñán levóuse os 3 puntos cun resultado final de 4-7 e, á par que a súa compañeira de club Irene Samper, 4 goles de Nando.
Na primeira parte os dous equipos estivieron bastante imprecisos, con ocasións polas dúas partes, o Burela FS comeza poñéndose por diante no marcador cun gol de Isma no minuto 6 e no minuto 15 Hugo Bernárdez aproveita o rexeitamento dun penalti e empata o encontro. O partido continúa igualado con dous paradóns de Superkaluza que manteñen o empate e no minuto 17 Nando rompe o empate e deixa o encontro 1-2 durante o descanso.
No minuto 1 da segunda parte os mariñáns empezan ben, Nando mete o 1-3 dun saque de esquina e posteriormente en 3 minutos, entre o 26 e o 29, o Pescados Rubén mete tres goles e rompe o partido; Pitero tras un xiro dentro da área, de novo Nando tras unha boa combinación con Rikelme e o habitual David Pazos tras un saque ao borde da área de Michal. No minuto 36 Nando mete o seu cuarto gol tras unha moi boa combinación con Lucho, subindo o marcador 7-1 para o Burela FS. El Valle recurre ao portero xogador e nos últimos 3 minutos de xogo anota tres goles aproveitando algún momento de desconcentración do equipo burelés, o primeiro de Manu Cebrián e dous de Javi Marín.
O Pescados Rubén Burela FS vaise de vacacións de Nadal con tres puntos máis e 10 partidos de Liga consecutivos sen coñecer a derrota.
Ficha Técnica:
Pescados Rubén Burela FS: M.Kaluza (P), Lucho, Pitero, Rikelme, David Pazos – cinco inicial- Isma, Bruno Expósito, Nando, Alberto, Antón Arnejo, Eloy, Bruno (P).
C.D.E. El Valle: R. Monroy (P), Gonzalo, Hurta, Dani Gómez, Colón – cinco inicial-, Cuadrado, Rubio, Hugo, Charly V., Javi Marín, Víctor López, Manu C., Víctor, Á León (P).
Goles: Min.6 Isma 0-1; Min.15 Hugo 1-1; Min.16 Nando 1-2; Min.21 Nando 1-3; Min.25 Pitero 1-4; Min.27 Nando 1-5; Min.29 David Pazos 1-6; Min.36 Nando 1-7; Min.37 Manu Cebrián 2-7; Min.38 Javi Marín 3-7; Min.40 Javi Marín 4-7.
Equipo Arbitral: Cristian Reig Miralles, Jorge Sanclemente Elvira, Carlos Pandero Díaz Concha, Marta Hernández Hernán.























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.


