As actividades comezan este sábado coa Feira de Razas Autóctonas e continúan nas semanas seguintes con conferencias, actividades gastronómicas e un mercado de gando
Lugo, 1 de febreiro de 2023. O Valadouro dedicará febreiro á promoción das razas autóctonas e á posta en valor da gandeiría co Mes Gandeiro, unha iniciativa que conta co apoio de Medio Rural da Deputacion de Lugo. A deputada Mónica Freire e o tenente alcalde do Valadouro, Eduardo Chao, acordaron a colaboración que encherá de actividade o concello durante as próximas tres fins de semana e que reforza a feira de razas autóctonas que se viña celebrando nos últimos anos.
A responsábel provincial sinalou “que a extensión a todo o mes das actividades reflicte o esforzo que desde a área de Medio Rural do Valadouro está a facer por potenciar o sector primario, e especialmente a actividade gandeira, poñendo en valor a longa tradición da cría de cabalos e gando vacún, sobre todo nas parroquias situadas ao pé da Serra do Xistral”. E destacou que “se trata dunha aposta aliñada coas iniciativas que vimos desenvolvendo desde a Deputación, con programas e colaboracións que inciden na promoción da gandeiría extensiva e das razas autóctonas para dinamizar económica e socialmente o rural e conservar o territorio”
Mónica Freire destacou a introdución no programa dunha xornada dedicada á formación e ao intercambio de experiencias coa participación de gandeiros, entidades de aconsellamento e persoas investigadoras, onde gandeiros da zona de montaña relatarán en primeira persoa a súa experiencia no manexo e crianza de gando.
4 de febreiro
IV Feira de Razas Autóctonas, con exhibición e venda de exemplares de Pura Raza Galega, Porco Celta, Cabra Galega, Rubia Galega, Morenas Noroeste, Burro Fariñeiro, Galiña de Mos e Pita Piñeira.
10.00 h. Apertura do recinto ao público
11.30 h. Concurso Morfolóxico Oficial de Cabalo Pura Raza Galega
Pasarrúas a cargo da Asociación Cultural Amado Lar
13.30 Demostración de doma de alta escola co traballa a pe a terra a cargo da asociación Pura Raza Cabalo Galego
19.00 h. Entrega de premios na carpa de exhibicións. A organización repartir máis de 5000 euros entre as gandeirías con mellores lotes e exemplares nas distintas categorías.
11 de febreiro
Conferencias Agrogandeiras, no Salón de Actos da Casa da Cultura, con conferencias en xornada de mañá e tarde.
10.30 h.
A explotación gandeira complexa adaptada ás dificultades das terras de Montaña. Alejandro Salvatierra
Sistemas extensivos de produción de carne (MVMC Espiñarcao). Lidia Díaz Otero
Produción de carne coa Raza Rubia Galega. Santiago Crecente
12.00 h.
A dificil convivencia co lobo. Que sabemos de certo? Joan Alibés
17.00 h.
O Porco Celta. Raza 100% autóctona. Iván Rodríguez Paz.
GO Forescelta: Innovación na xestión silvopastoril. Roberto Besteiro.
18.30 h.
O legado de Juan Rof Codina. Diego Conde.
Ese mesmo día, no Camiño da Granda, en Ferreira celebrarase, da man de Puraga, un concurso de Andadura Galega, con probas desde as 11 da mañá, e 2080 euros en premios.
Durante a fin de semana celebrarase unha Ruta de Tapas con carne de razas autóctonas nos establecementos hosteleiros do concello.
18 de febreiro
Feira de Gando. Ademais da actividade comercial, a organización repartirá 1.000 euros en premios entre as gandeirías participantes.


















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



