Mondoñedo, 5 de febreiro, 2023. A cidade episcopal celebra un ano máis o seu Entroido onde se repartirán 5.000 € en premios.
A presente edición levarase a cabo o vindeiro sábado día 25 de febreiro e terá actividade festivo ao longo de todo o día.
Comezarán os actos de Entroido na mañá do sábado co Encontro de Baterías de Percusión que este ano será o segundo consecutivo no que se celebre.
A actividade de tarde arrancará ás 17:30h no Campo dos Paxariños, dende onde sairá o desfile – concurso de máscaras que percorrerá as rúas de Mondoñedo para rematar na Praza da Catedral.
Tras disto, como remate da festa, a Orquestra Principal e a Discoteca Onda Norte animarán a xornada na Praza do Concello, onde estará instalada unha carpa. Este será o lugar onde se entregarán os premios do concurso de disfraces, sendo a hora elixida para os infantís ás 22:00h e para os adultos 01:00h. da madrugada.
Dende a organización quérese convidar a todo o mundo a que se achegue a Mondoñedo o sábado 25 para participar do Entroido, ben dentro do concurso ou ben a gozar dun desfile que con seguridade reunirá a un gran número de participantes.
Para ir abrindo boca, previo a este gran desfile, terá lugar no Barrio dos Muíños, o seu segundo Entroido. Será o día 17 e está organizado pola Asociación de Veciños do barrio e no mesmo colabora o Concello de Mondoñedo.
BASES DO DESFILE DE ENTROIDO – MONDOÑEDO 2023
Todos os participantes poderán anotarse no correo entroidomindoniense@gmail.com ou nos teléfonos 982524003 (INSCRICIÓNS) e 982507177 (INFORMACIÓN). O prazo máximo para inscribirse será ata as 00 horas do venres 24 de febreiro. Á hora de inscribirse facilitaranse os seguintes datos: nome e DNI completo da persoa representante, nome do disfraz e un teléfono de contacto.
Os dorsais deberán ser recollidos entre as 16 e 17 horas do sábado, do edificio municipal do Campo dos Paxariños(antiga oficina de Emprego).
Ás 17 horas, os disfraces deberán estar preparados para atender ás indicacións da organización e proceder ao seu posicionamento no desfile, para que discorra coa máxima orde posible e cumprir co horario previsto.No Campo dos Paxariños e Avenida San Lucas estará PROHIBIDO poñer música e facer ruído ata a saída do DESFILE.
O desfile sairá do Campo dos Paxariños, ás 17:30 horas, e percorrerá a avenida San Lucas e as rúas Bispo Sarmiento, Andrés Baamonde e Progreso para finalizar na Praza da Catedral.
As comparsas e charangas gardarán unha entidade temática tanto no seu vestiario como na súa actuación.
Considérase categoría infantil aqueles participantes menores de 12 anos de idade. No apartado de grupos infantil, polo menos a metade dos seus compoñentes deberán ser menores de 12 anos de idade, podendo ir acompañados de varios maiores disfrazados.
Os grupos de adultos poderán anotarse en dúas categorías en función do seu tamaño: ata 10 ou máis de 10 membros. Os grupos que concorran acompañados dunha carroza deberán cumprir as seguintes dimensións para poder desfilar polas rúas da cidade: 2,5 metros de ancho, 7 metros de longo e 4 metros de alto.
O xurado cualificará tanto nas rúas como na propia praza da Catedral, onde todos os participantes poderán interpretar a actuación que teñen preparada, de ser o caso. No que respecta a grupos e comparsas, o tempo de actuación na praza da Catedral non poderá ser superior aos 5 minutos.
Á hora de conceder os premios valoraranse aspectos coma a orixinalidade, vestiario, calidade musical, capacidade de representación, sustentabilidade co medio ambiente, etc.
Na entrega de premios é necesario que cada premiado recolla o premio co seu disfraz ou unha parte do mesmo que o identifique. É imprescindible que os disfraces, grupos ou comparsas estean no lugar de entrega, polo menos unha parte dos seus compoñentes, quedando DESERTO no caso de incumprimento.
O importe dos premios enténdese íntegro e, polo tanto, suxeito a retencións a conta, derivadas da aplicación do imposto sobre as persoas físicas.
As decisións da organización son inapelables, tendo potestade para tomar calquera tipo de decisión.
Recoméndase aos concursantes actuar con respecto e evitando ferir a sensibilidade de persoas, maltrato animal ou desobedecer as indicacións da organización.
Lembramos que este ano como novidade, o importe do premio non se entregará en metálico, senón a través de ingreso bancario. Por tanto, solicítase que os disfraces gañadores aporten un número de conta bancaria para poder efectuar o ingreso correspondente. No caso dos menores, serán os pais, nais ou titores os que deberán aportar o número de conta.
PREMIOS 2023

PREMIO ESPECIAL “MELLOR GRUPO DE BATERÍA E PERCUSIÓN DE COMPARSAS”: Premio de 200 euros.
Percorrido: Campo dos Paxariños, Avda San Lucas, Bispo Sarmiento, Andrés Baamonde, Progreso e Praza da Catedral.
PROGRAMA:
12:00 H: CONCURSO PREMIO ESPECIAL GRUPOS DEBATERÍA PERCUSIÓN polas rúas e barrios do casco urbano.
14:00H: SESIÓN VERMÚ CON DISCOMÓBIL ONDA NORTE
17:30 H: INICIO DO DESFILE NO CAMPO DOS PAXARIÑOS.
20:30 H: BAILE COA ORQUESTRA PRINCIPALNA CARPA DA PRAZA DO CONCELLO
10:00 H: ENTREGA PREMIOS INFANTÍS NA PRAZA DO CONCELLO.
10:30 H: ACTUACIÓN DA DISCOMÓBIL ONDA NORTE
11:30H: SEGUNDO PASE DA ORQUESTA PRINCIPAL NA CARPA DA PRAZA DO CONCELLO.
01:00 H: ENTREGA DE PREMIOS ADULTOS.
02:00 H: DISCOMÓBIL ONDA NORTE
03:30 H: FIN DE FESTA.
OPCIÓN B: En caso de choiva, o desfile terá lugar na carpa da Praza do Concello. A Cada categoría se lle asigna unha hora, de xeito que só estarán os dorsais participantes de cada categoría, deixando o resto da carpa para o público e xurado.
18 HORAS: INDIVIDUAIS E PARELLAS INFANTIS
18:15 HORAS: GRUPOS INFANTÍS
18:45 HORAS: INDIVIDUAIS E PARELLAS ADULTAS
19:00 HORAS: GRUPOS
19:30 HORAS: COMPARSAS.






















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



