Lourenzá, 9 de febreiro de 2023. Rocío Lopez optará por terceira vez á Alcaldía de Lourenzá como candidata do PSdeG-PSOE, logo de dous mandatos á fronte do Concello. Así o acordou por unanimidade a formación socialista laurentina, “coa finalidade de revalidar a Alcaldía e seguir dirixindo un goberno que está ó servizo dos veciños e veciñas”.
A actual alcaldesa agradece o apoio recibido para repetir como cabeza de lista do PSOE nas vindeiras eleccións municipais do 28 de maio co obxectivo de dar continuidade a moitos dos proxectos iniciados neste segundo mandato.
Rocío López fai balance de “moitos dos logros acadados nestes catro anos, como a construción do campo de herba artificial de Santa Cruz; a nave multiusos de Ponte de Cuñas, que está a disposición de todas as asociacións, de mozos e de maiores para calquera actividade que queiran desenvolver; e tamén a gran intervención na mellora das infraestruturas municipais. Neste mandato a mellora das estradas foi un dos piares principais e leváronse a cabo actuacións en todas as parroquias”.
A actual alcaldesa di que se volve presentar “para seguir traballando na mesma liña, para mellorar os servizos á veciñanza e continuar sendo o concello que somos, coas portas abertas, próximo e accesible á cidadanía.
Esa segue sendo unha das miñas prioridades, escoitar á xente e continuar estando preto dos problemas e das necesidades dos veciños e, na medida do posible, poder darlles solución”.
Ademais Rocío López dá as grazas a toda a veciñanza “pola confianza depositada en min e no meu equipo nestes oito anos e agardo estar á altura para revalidar a Alcaldía por terceira vez consecutiva para seguir traballando por e para o interese común de todos os laurentinos, para entre tod@s facer unha Lourenzá mellor. As obras públicas, os servizos sociais, a cultura, o turismo e o deporte serán o eixo principal no que continuar traballando”.





















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



