Afirman que a falta de mantemento acelera o deterioro das existentes, mentres desde o concello se proxecta o trazado dunha nova
Alfoz, 16 de febreiro de 2023. O Concello de Alfoz creou, principalmente na pasada lexislatura, diferentes rutas de sendeirismo que transcorren polos principais recursos turísticos, culturais e naturais do municipio. Sen embargo, o actual goberno municipal, está sendo incapaz de garantir o debido mantemento destas sendas, tanto no que se refire á limpeza, como á sinalización e a reparación de elementos deteriorados. Desde VIA Alfoz consideran que isto se debe á nefasta xestión das rutas por parte do actual goberno. Tal e como indican, “desde que nun pleno o Sr. Val nos indicou que solo se limparían aqueles camiños que permitisen o desbroce mecánico, cambiáronse trazados sen indicalo nos paneis informativos, nin nas App’s e folletos turísticos do concello”. Ademais, denuncian “a desaparición de paneis informativos, sinais e balizas, de forma que, nalgúns puntos, as indicacións son escasas e confusas para os usuarios”, e recordan que a sinalización desaparecida, por vandalismo ou pola retirada de indicativos, “nunca se repón” e a existente “móvese ao antollo do goberno”.
CREACIÓN DA NOVA RUTA DE SENDEIRISMO “RUTA DA FRAGA VELLA” NO CONCELLO DE ALFOZ
O 11 de agosto de 2022 a Dirección Xeral de Patrimonio Natural, por delegación da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, resolveu aprobar unha subvención, por un importe totaI de 19.979.64 €, para a creación dunha nova ruta de sendeirismo, denominada “Ruta da Fraga Vella” no Concello de Alfoz. Desde VIA Alfoz sorpréndense de que, no canto de garantir o debido mantemento das sendas existentes, o concello proxecte novas rutas, recordando que “na pasada lexislatura o Sr. Val non era partidario de abrir mais rutas porque consideraba que se tiñan que conservar as existentes e, agora, proxecta a Ruta da Fraga Vella”. Desde VIA Alfoz consideran esta ruta como “unha invención do Sr. Val” xa que, “a Fraga Vella nin sequera pertence ao noso concello e, a ruta deseñada, evidentemente non pasará por este entorno natural”. Recordan ademais que, baixo a mesma denominación, xa existe outra ruta circular entre os concellos de Mondoñedo e Abadín, que “discorre por camiños e pistas de terra da ZEC Serra do Xistral, espazo natural de grande interese ambiental e paisaxístico” tal e como se pode ler na sección de roteiros da páxina web amarinalucense.gal, pertencente á Mancomunidad de concellos da Mariña Lucense.
POLÉMICA CO TRAZADO DA RUTA E A PUBLICIDADE DO INVENTARIO DE CAMIÑOS MUNICIPAIS
Precisamente, o trazado desta ruta está xerando polémica debido ao seu paso polas pistas de acceso ao Parque Eólico Montemaior Norte (Acciona), algo que desde VIA Alfoz non consideran o mais adecuado xa que “a propia sinalización do parque eólico indícalle ao visitante que non permaneza preto dos aeroxeneradores e a ruta pasa a carón dos mesmos”. O feito de que o itinerario da ruta pase por esta pista e a traveso dun monte fixo que, desde diferentes asociacións da parroquia de O Pereiro, se lle solicitara ao Concello de Alfoz unha copia do Inventario Municipal de Camiños, para comprobar o trazado.
As peticións dos veciños fixeron rectificar ao goberno de Alfoz, ao detectarse un “incumprimento da obriga de publicación activa contemplada no artigo 8.3 da Lei 19/2013, de Transparencia, Acceso á Información Pública e bo goberno”. Tal e como indica o decreto de alcaldía asinado o pasado 13 de febreiro. Coa finalidade de resolver esta incidencia, desde o mesmo día 13, no portal de transparencia do concello, disponse da relación de bens do Inventario de Camiños Públicos do Concello de Alfoz. Aínda así, desde VIA Alfoz non se entende por que non se comparten tamén os planos para a súa identificación e, pregúntanse, “por que nos impiden esa información se non hai nada que ocultar”. Tamén se sorprenden de que “desde o concello non se lle facilite ás asociacións o inventario en formato dixital, cando as solicitudes se fixeron a través da sede electrónica, obrigando ademais aos interesados a pagar as taxas por expedición de documentos dunha información que debería ser pública”, sospeitando ademais que, noutros casos, eses documentos foron compartidos libremente.
O GRUPO MUNICIPAL DE VIA ALFOZ VEN DE SOLICITAR ACCESO AO EXPEDIENTE DA NOVA RUTA
Coñecedores de que desde o concello se está promovendo a creación da citada ruta de sendeirismo “Ruta da Fraga Vella’” e da existencia de discrepancias co trazado da mesma, o pasado 12 de febreiro, o Grupo Municipal de VIA Alfoz, solicitou que se lle dea acceso aos Grupos Municipais ao expediente relativo á creación da ruta, requirindo ademais que se lles faciliten as certificacións de titularidade dos camiños polos que transcorre a ruta, así como, de ser o caso, os permisos de paso por fincas particulares. A día de hoxe, o Grupo Municipal de VIA Alfoz, non obtivo resposta a esta petición, polo que reclama a resolución da súa solicitude ao considerar que “o goberno municipal debe difundir coa maior transparencia a información relativa a esta ruta, o seu trazado e as modificacións que puidera ter sufrido o mesmo, respecto ao proxecto orixinal”.
Desde VIA Alfoz tamén se recorda que o escurantismo e a mala xestión deste proxecto pon en perigo o cumprimento das condicións da subvención, da que xa se xustificou a anualidade de 2022 e cuxa anualidade de 2023 debe estar realizada antes do 31 de marzo, se ben, a día de hoxe, non se ten constancia do comezo das obras.





















A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.
A última xornada tivo lugar o sábado 7 de marzo no Local Social, coa disputa da final entre as dúas parellas clasificadas. A continuación celebrouse a tradicional cea e a entrega de premios ás tres primeiras parellas. Os equipos gañadores foron: 1º posto: Carlos e Toñito. 2º posto: Eladio e Santi. 3º posto: Tomás e Demetrio. A Xunta Directiva agradece a excelente acollida desta edición e expresa o seu desexo de seguir contando coa participación de todos nas vindeiras convocatorias.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.



