A candidata avanzou que a lista que encabeza, con maioría de mulleres, “está formada por un equipo de veciñas e veciños que queremos poñer ó Vicedo no mapa”. “Darémoslle prioridade ás políticas para a conciliación familiar e frear o alto índice de despoboamento. Hai que plantexar medidas xa, e facer do Vicedo un lugar do que sentirnos orgullosos, no que poder vivir e traballar”
O Vicedo, 18 de marzo de 2023. María Pérez Santaballa, avogada e ex concelleira socialista, é a candidata do PSdeG á Alcaldía do Vicedo nas vindeiras eleccións municipais do 28 de maio. A candidata agradeceu “o apoio e a confianza que depositaron en min tódolos meus compañeiros e compañeiras da Agrupación Socialista. Sei que temos un traballo duro por diante, pero estamos moi ilusionados, e temos todas as ganas, as forzas e o compromiso para sacalo adiante e traballar polo futuro dos nosos veciños e veciñas”.
O Secretario Xeral do PSdeG na provincia, José Tomé Roca, subliñou que esta é a primeira convocatoria electoral na que unha muller encabeza a candidatura socialista no Vicedo, polo que “estamos diante dun momento histórico con María Pérez como cabeza de cartel, que marca un novo impulso para o socialismo no Vicedo e un novo impulso para loitar pola Alcaldía”.
“O Vicedo precisa un cambio, e temos unha candidata que conta con capacidade de traballo e experiencia para gobernar, para atender as necesidades dos veciños e para favorecer o desenvolvemento económico con novas iniciativas para que a xente non siga marchando do concello”, asegurou.
O líder dos socialistas puxo en valor “o gran traballo, o esforzo e a dedicación” do actual voceiro socialista no Vicedo, Vicente Parapar, “ao longo de todos estes anos”. “Un compromiso inquebrantable e unha loita incansable na defensa dos seus veciños e dos valores socialistas, que quero recoñecer e agradecer profundamente”, recalcou.
A candidata á Alcaldía avanzou que a lista que encabeza “está formada por un equipo de xente que queremos poñer ó Vicedo no mapa”. “Somos unha candidatura na que as mulleres somos as protagonistas, dun total de once, seis somos mulleres. Polo tanto, un equipo progresista, que quere priorizar políticas para a conciliación familiar e frear o alto índice de despoboamento. Hai que plantexar medidas xa, e facer do Vicedo un lugar do que sentirnos orgullosos, no que poder vivir e traballar”.
Implicar ós colectivos do municipio
A candidata explicou que xa crearon diversos grupos de traballo para elaborar o programa electoral e implicar a tódolos colectivos e asociacións do municipio “para que teñan voz no futuro do Concello”. “Queremos que as nenas e nenos do Vicedo teñan horarios para conciliar o servicio de Madrugadores, que estuden no colexio, no PAI, e que non teñan que desprazarse aos concellos limítrofes para poder desenvolver as súas actividades educativas”, afirmou.
A avogada que medrou coa Asociación Os do 21
María Pérez Santaballa (1974), medrou no Vicedo, onde se estableceu a súa familia. Alí participou nas actividades que realizaba a Asociación Os do 21, onde aprendeu valores vitais como o compañeirismo e o amor polo baile e a música tradicional, un colectivo do que presume e se sente moi orgullosa. Súa nai foi mestra no Barqueiro, e seu pai como capitán de pesca. É licenciada en Dereito pola UDC (1997), e tamén cursou estudos na UNED de Ciencias Políticas. E nai de familia, e traballa como avogada dende que se licenciou. Ademais, xa formou parte da Corporación municipal de Viveiro como Concelleira no 2003, sendo Alcalde Melchor Roel.




















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



