A cita anual que os días 24 e 25 encherá a vila de visitantes vén repleta de actividades e actuacións musicais cos mellores grupos do momento
O Valadouro, 23 de marzo 2023. O Mercado de Primavera, a principal referencia no calendario anual de eventos e actividades de O Valadouro encherá de actividades, de música e de xente a capital do Ouro este fin de semana. O amplo programa destas xornadas comeza o venres 24 co pregón a cargo da xornalista Susana López Montes, a actuación da agrupación folclórica Amado Lar e o concerto de Caamaño & Ameixeiras. O sábado 25, día do mercado, animarán as rúas a Tamborrada Os Fandangueiros, Festicultores Troupe e Mekánika Rolling Band. Haberá sesión vermu coa orquestra Os Parentes e en horario de tarde e noite actuarán na Praza de Santa María o grupo de música tradicional Treixadura e Anxo Lorenzo, e pola noite terá lugar o Zocanroll, cos grupos Milleth e Orgasmatron.
Haberá numerosos postos con produtos locais e de artesanía, e diversos concursos e desfiles
Desde a concellerías de Cultura e Medio Rural que dirixe o tenente de alcalde, Eduardo Chao, convidan a asistir a este importante evento que xa está consolidado como referencia anual na Mariña e na provincia. “Despois do éxito do mes gandeiro no pasado febreiro coa Feira de Razas Autóctonas e a Feira Tradicional de Gando queremos que este Mercado da Primavera conte tamén con unha importante afluencia de visitantes para disfrutar do noso concello, do noso comercio e da nosa hostelería” afirmou Chao, que estivo acompañado na presentación do evento polo tamén concelleiro Eliseo Teijeiro e a deputada de Medio Rural da Deputación de Lugo Mónica Freire Rancaño que destacou a importancia que este tipo de eventos tenen en concellos coma o do Valadouro “concello que grazas á organización destes eventos está a convertirse nunha referencia non só a nivel comarcal a provincial, senón tamén a nivel galego no sector agrogandeiro”, aegurou.






















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



