Alfoz, 3 de abril, 2023. Alfoz é un dos 26 concellos que forman parte da Reserva da Biosfera Terras de Miño. Parte do seu territorio está dentro desta área de especial protección polo seu valor ecolóxico e medioambiental, supoñendo unha oportunidade máis de desenvolvemento para todo o municipio a través de políticas medioambientais de coidado e potenciación dos recursos de xeito sostible.
Alfoz, cumpriu con todos os requisitos esixidos, sendo o único concello da Reserva da Biosfera Terras de Miño que acadou as Axudas para actuacións de concellos e entidades en reservas da biosfera de Galicia con cargo ao Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para os anos 2022 e 2023 para levar a cabo un ambicioso proxecto en 16,56has co que se pretende:
1º.- Mellorar os ecosistemas forestais propiedade do Concello de Alfoz nas que se realizan repoboacións con frondosas autóctonas, desbroces selectivos, tratamentos silvícolas e hoteis de polinizadores.
2º.- Ampliar a oferta turística da zona establecendo un lugar de encontro dos visitantes no Centro de Interpretación da Natureza da Escola do Chao (O Pereiro) que continúa mellorando os servizos, agora cunha pequena área de descanso exterior e novos paneis informativos sobre a Reserva da Biosfera e os seus valores.
3º.- Fomentar a conservación da biodiversidade das Reservas de Biosfera mediante a realización de cursos de formación visitas guiadas e charlas informativas:
. Curso sobre as oportunidades do sector forestal galego para explorar o potencial do monte como sumidoiro de carbono para o 15 de abril,
. Curso introdutorio teórico sobre agrocompostaxe no eido da economía circular para o 22 e 29 de abril e
. Curso Práctico nivel básico de introdución a micoloxía para setembro.
Recentemente realizáronse unha xornadas sobre castiñeiro de froito a través da Deputación de Lugo, con gran éxito de participación, onde se puxo en valor a producción de castaña como importante nicho de negocio.
Estas xornadas divulgativas son fundamentais para promover usos sostibles do monte, máis aló do aproveitamento forestal, sen olvidar que tamén é un sector estratéxico na zona.
As melloras na Escola do Chao suponen non só revalorizar o territorio en Reserva da Biosfera Terras de Miño senón tamén poñer a disposición dos veciños e veciñas un espazo para usar como centro sociocultural para actividades organizadas polas AAVV e tamén polo Concello, coma o Curso de Primeiros Auxilios levado a cabo o pasado 26 de marzo, dentro do Plan de Dinamización da Parroquias.






















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



