Nun encontro que parecía que ía rematar en empate e tras o que pareceron “as palabras máxicas” no último tempo morto, o Burela adiántase 4-2 con dous goles no último minuto
Sábado 30 de abril. Esta tarde ás 19.00 horas no Pavillón Municipal del Ejido tivo lugar o encontro da xornada 28 da Segunda Federación de Futsal Masculino, Inagroup El Ejido Futsal – Pescados Rubén Burela FS, que, aínda que foi un partido moi igualado, rematou cun 2-4 no último minuto que sela o segundo posto na clasificación e o factor cancha nos playoff para o equipo mariñán.
Na primeira parte ambos equipos preséntanse bastante igualados, cunha oportundidad clara de Lucho no minuto 9, chega o 1-0 para o El Ejido no 11, cun golazo de Rahali desde a banda. Pero segundos despois Rikelme ponse ao nivel e empata o encontro cun boísimo disparo raso que entra pegado ao pau. Outra oportunidade clara no minuto 13 de Nacho Gil que sae fóra da portería precede o golazo sorpresa do goleador David Pazos, cun tiro desde fóra da área que sorprende ao porteiro coándose entre os xogadores do equipo de José Escrich. Antes do descanso Rikelme case atopa o terceiro gol, só contra o porteiro pica o balón e dá no pau. Chega o descanso 1-2 no marcador.
Na segunda parte volve presentarse un partido parello, con oportunidades para os dous equipos. Na metade da segunda parte o Burela móstrase cómodo, manexando o partido, defendendo e coa posesión do balón. Unha oportunidade dobre oportunidade do equipo burelense, primeiro con Nito e logo con Pazos puido marcar as distancias no marcador, pero como en fútbol sala todo pode cambiar o Ejido empata o encontro no minuto 37 cun gol de Pipe despois dunha boa triangulación cos seus compañeiros. É entón cando David Rial decide apostar polo porteiro-xogador, tentando levar o partido e asegurar esa segunda praza “por méritos propios e non esperar aos resultados do resto dos equipos”, arriscando e loitando ata o final pola vitoria. Sen conseguir atopar o gol en ningunha das dúas porterías, Escrich pide tempo morto a segundos de rematar o partido e tras unha xogada algo precipitada do equipo andaluz, Michal Kaluza fai un saque longo moi rápido que Pitero sabe aproveitar desde a outra portería anotando o 2-3 cun gol de cabeza e de costas que pasa por riba do porteiro rival. Segundos despois co porteiro-xogador, esta vez, do Ejido, de novo, coma no pasado partido en Vista Alegre, a boa puntería do porteiro polaco sentencia o partido 2-4 cun gol a portería baleira.
O Pescados Rubén volve a Burela orgulloso do seu traballo, con ese factor cancha asegurado para os playoff que lle permitirá xogar dous partidos na casa, o cal é moi importante cando se conta cunha afección como a de Vista Alegre, un xogador máis. Nunha cancha moi difícil, un rival forte e con moita calor, David Rial móstrase moi contento cos resultados do seu equipo, que fixo unha tempada de moito nivel aguantando na segunda posición ata o final e preparándose partido a partido para enfrontarse aos playoff sabendo adaptarse a calquera situación que poida xurdir.
Ficha Técnica Inagroup El Ejido Futsal – Pescados Rubén Burela FS
Inagroup El Ejido Futsal: Jesús (P), Juanan, Peña, Pipi, Pele -cinco inicial-, Chus, Motos, Nacho Gil, Rahali, Guille (C), Cola, Armando, Manolo (P)
Pescados Rubén Burela FS: M. Kaluza (P), Lucho (C), Nando, Rikelme, David Pazos – cinco inicial -, Nito, Pitero, Alberto, Antón Arnejo, Eloy, Bruno (P).
Goles: Min.11 Rahali 1-0; min.12 Rikelme 1-1; min.13 David Pazos 1-2; min.37 Pipe 2-2; min.39 Pitero 2-3; min.39 David Pazos 2-4.
Equipo Arbitral: Diego Corredor Corredor, Jairo Leiva Martínez, José Antonio Raya Serrano, Víctor Girela Rodríguez.
TA: min.13 Rikelme, min.31 Rahali, min.34 David Pazos, min.39 Nando.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



