Lourenzá, 1 de maio de 2023. O BNG presentou hoxe a súa candidatura á alcaldía de Lourenzá. Candidatura que encabeza a traballadora do Sergas Belén Fanego Barreira e da que forma parte tamén no número 3 a actual concelleira e portavoz municipal Áurea Vázquez Abal (Mani) e que conta con numerosas incorporacions, de diferentes idades, de diferentes sectores e das diferentes parroquias.
En palabras da alcaldable Belén Fanego, “O BNG quere gobernar Lourenzá porque tén un proxecto e un modelo que se aplica xa en moitos concellos do país e da comarca. Nós ofrecemos rigor, traballo, e sobre todo humildade e atención ás preocupacións da veciñanza e aos problemas que nos acheguen e queremos a participación de toda a sociedade para traballar conxuntamente na procura de solucións”. A candidata avanzou tamén ideas centrais do seu programa, como a potenciación do comercio e o turismo local, o desenvolvemento local e a creación de emprego, a mellora dos servizos municipais, o ocio, o patrimonio e uns servizos sociais integrais, donde as persoas serán o principal obxectivo.
A presentación foi no Centro Social de San Xurxo, e interviron: Áurea Vázquez Abal, actual portavoz municipal, o deputado mariñao no Parlamento Daniel Castro e a candidata Belén Fanego Barreira.
A candidatura é a seguinte:
1. Belén Fanego Barreira
2. Francisco Xabier Trigo Maseda
3. Áurea Vázquez Abal (Mani)
4. Anxo Fernández Villalba
5. Miguel Rodríguez Acebo
6. María José Terrados Díaz
7. Pedro Rodríguez Romero
8. Ana García Cuadrado
9. Héctor Terrón Salvatierra
10. Daniel Recalde López
11. Concepción Ares Sanmartín
Suplentes:
1. Martín Bouso Iglesias
2. Ramón Valiña Rivas
3. Yolanda Ramil Seivane
4. César Docampo Fernández
5. Pedor Barreira Salgado


























A restrición de circulación manterase durante a xornada mentres se desenvolvan os labores, que teñen como obxectivo garantir a seguridade viaria e facilitar a execución dos traballos. Durante este tempo, as persoas que necesiten acceder ás zonas de Santo Albites, Pénjamo ou San Lázaro deberán facelo polo acceso de Río dos Foles. O Concello de Viveiro agradece a comprensión da veciñanza e recomenda extremar a precaución e seguir a sinalización habilitada mentres duren os traballos.
Félix Jorquera pasará polos micrófonos de RadioVoz ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
Comezou o mércores ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.



