A tenente alcalde e o edil de Deportes, supervisaron a actuación con membros da Sociedade Cultural e Recreativa O Raxal, que xestiona o inmoble cedido pola Administración Local, no que organizan diferentes actividades lúdico-culturais
Cervo, 5 de maio de 2023. O Concello de Cervo mellorou o local social do burgo da Senra, coa construción dun edificio anexo que supuxo un investimento superior aos 20.000 euros, e que lle dará moita máis versatilidade e amplitude a este espazo xestionado pola Sociedade Cultural e Recreativa O Raxal, cedido pola administración local, no que organizan diferentes actividades lúdico-culturais.
A tenente alcalde, Dolores García Caramés, e o edil de Deportes, David Rodríguez, achegáronse ata este burgo para supervisar estes traballos de mellora no local que fora construído no ano 2010 con fondos municipais, no marco do Obradoiro de Emprego.
Caramés puxo de manifesto que esta actuación vai na liña que vimos marcando desde o Concello de Cervo “de favorecer o asociacionismo adecuando locais sociais para uso e desfrute dos diferentes colectivos do municipio, nunha aposta por poñer á súa disposición eses espazos públicos para que os enchan de vida coas diferentes actividades e eventos sociais que organizan ao longo do ano; e tamén das diferentes iniciativas municipais que se programan nas diferentes parroquias”.
Tal e como explicou, os traballos realizados –cos que demos resposta ás demandas da asociación que xestiona o inmoble- “completáronse coa mellora da iluminación do propio local, a instalación de canlóns para a evacuación das augas pluviais, dunha billa de auga no exterior e a mellora do pavimento”.
Con actuacións como esta –engadiu o edil de Deportes- contribuímos a crear espazos confortables que favorecen o dinamismo municipal, “porque o ideal é que estas edificacións públicas se enchan de vida da man dos diferentes colectivos do Concello e das iniciativas que promoven e que activan e involucran á veciñanza”.


























A restrición de circulación manterase durante a xornada mentres se desenvolvan os labores, que teñen como obxectivo garantir a seguridade viaria e facilitar a execución dos traballos. Durante este tempo, as persoas que necesiten acceder ás zonas de Santo Albites, Pénjamo ou San Lázaro deberán facelo polo acceso de Río dos Foles. O Concello de Viveiro agradece a comprensión da veciñanza e recomenda extremar a precaución e seguir a sinalización habilitada mentres duren os traballos.
Félix Jorquera pasará polos micrófonos de RadioVoz ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
Comezou o mércores ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.



