O marco da XIX Feira Expomar acolleu entre o xoves e o venres a 30ª edición das Xornadas Técnicas cun cartel de relatores de gran interese que presentaron o mundo da pesca desde diferentes puntos de vista
Burela, 12 de maio, 2023. A 30ª edición das Xornadas Técnicas de Expomar pechouse na mañá do venres baixo o título «Socio Economía», nunha mesa redonda que estivo moderada polo director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia. Antonio Basanta puxo en valor o trixésimo aniversario das Xornadas Técnicas como “trinta anos de debate, de liquidar, debater e achegar sobre cuestións que preocupan á nosa frota, ao noso sector e á nosa cadea mar-industria, atopando solucións e camiños de viabilidade para este sector”.
Esta última xornada abriuse tratando o tema máis “social” da pesca, coas intervencións de Elena Martínez Carqués, directora do Instituto Social da Mariña (ISM), co tema: “Novidades na protección social dos traballadores do Mar”; e Juan M. Trujillo, presidente da sección europea de pesca de EFT e secretaría de pesca FSC de CCOO, que desenvolveu: “Actuacións do Plan Social: substitución xeracional, vocacións, acordo marco”.
A continuación, Carlos Buxadé, doutor, catedrático e profesor emérito da Universidade Politécnica de Madrid, presentou unha visión radical da situación actual e futura do mercado da pesca desde un punto de vista económico e mercadotecnia na súa presentación: “O actual ECO socio-económico da pesca extractiva en España”.
As Xornadas Técnicas 2023 pecháronse cunha visión desde o punto de vista alimentario e saudable do consumo de peixe por parte do catedrático de Endocrinoloxía da Universidade de Vigo e membro do padroado da Fundación Dietlántica, Federico Mallo, “O peixe: Eixo da dieta atlántica e a saúde”.
A gastronomía tamén tivo o seu protagonismo fóra das xornadas técnicas, xa que a caseta de Armadores de Burela e a Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela ofreceu unha degustación gratuíta de “Peixe de Burela” con produtos pesqueiros da lonxa de Burela, que pode presumir de ser, ademais de primeira lonxa europea en pescada do petisco, a mellor loja de Galicia en cifras de diferentes especies como bonito do norte, xarda, gallineta, bertorella, salmonete, castañeta vermella ou espardeña, poñendo en valor a gran variedade de especies que se poxan diariamente neste porto, comercializando cada ano ata 116 especies.
Na caseta do porto de Burela puidéronse degustar as seguintes receitas: Pescada de Burela en salsa de lagostinos con puré de pataca; pastel de Pescada de Burela; Bonito de Burela curado con salsa de soia e sementes; peixe espada en escabeche; empanada de cabala; salpicón de rape e marisco; sepia na súa tinta con arroz e alioli; guiso de pota; polbo á feira e polbo en vinagreta.
O programa da feira Expomar 2023 completouse o venres pola tarde coa presentación do documental “Morabenza”, obra do director burelense David Mon, recentemente premiado co Premio Mestre Mateo 2023.
Entre o venres e o sábado continuan as xornadas de portas abertas en diferentes embarcacións amarradas no porto de Burela, como o Barco Museo Boniteiro “Raíña do Carmen”, do Concello de Burela; o “Sar Gavia”, de Salvamento Marítimo; ou a patrulleira “Río Luna”, da Garda Civil, construída recentemente en Estaleiros Armón Burela.
A XIX Feira Monográfica Náutico-Pesqueira Expomar pecharase o sábado pola mañá, cun acto de recoñecemento á Confraría de Pescadores de Burela, membro fundador do padroado da Fundación Expomar, que este ano celebra o seu 100 aniversario.
Finalmente, a partir das 13:00, celebrarase a clausura da feira, que correrá a cargo do presidente da Deputación de Lugo, José Tomé.




















José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



