Fran Cajoto propón actuar no Campo da Cabana e na zona da Rapadoira, transformando Rego de Foz no eixo central de conexión co paseo marítimo
Foz, 19 de maio, 2023. O PSdeG-PSOE de Foz quere avanzar en accesibilidade e seguridade viaria, creando un entorno urbano amable e atractivo. “Actuamos en rúas como Costa do Castro, na que agora por fin dispoñemos de beirarrúas ao Cemiterio, unha demanda histórica. Tamén en Julia Minguillón, rúa na que se completou a urbanización e se fixo realidade a conexión coa Galiña Azul. A rúa Limoeiros transformouse nunha praza na parte máis próxima ao peirao e dotamos de seguridade á entrada desde Vilaxoane coa disposición de pasos de peóns elevados para calmar o tráfico e unha nova beirarrúa”- declara o actual alcalde e candidato socialista. “Sen embargo, queda moito traballo pendente.
Na actualidade estase a reurbanizar a baixada ao Campo da Cabana desde a Glorieta de Vilalba e o entorno da Praza de Galicia e proximamente se contratará a mellora do entorno da Sala Bahía, na que se inclúe a ampliación do patio da escola infantil da Galiña Azul”- destaca Fran Cajoto- “Queremos seguir avanzando: o Campo da Cabana e as rúas próximas necesitan unha reforma completa, na que tamén se renove a rede de saneamento. No entorno da Rapadoira queda tamén moito traballo pendente: queremos transformar Rego de Foz no eixo central de conexión co paseo marítimo. Estamos construíndo unha vila ordenada, en base ao Plan de Mobilidade que se proxectou entre todos e que nos permite actuar de forma planificada.
En Foz non se poden repetir erros como provocar atascos de 45 minutos en verán coas dúas rúas principais no mesmo sentido de circulación”






















O venres descubrirase a placa que oficializa o nomeamento da Biblioteca Municipal co seu nome, dentro da iniciativa “Miradas sobre Agustín 2026-2027”, que busca divulgar o legado do escritor e apoiar a súa candidatura ás Letras Galegas de 2028. O programa inclúe unha exposición, a lectura dun manifesto e unha conferencia. O sábado entregarase no Auditorio o IX Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade. Rouco destacou a importancia de visibilizar a figura do autor e convidou a veciñanza a participar nos actos.
As nenas e nenos coñeceron o proceso de moenda e levaron unha mostra de fariña. García destacou a importancia de achegar a realidade do rural á infancia e agradeceu a colaboración das granxas, ANPAS e centros educativos. O Muíño de Coea é unha das novas incorporacións a un programa que este ano inclúe 210 actividades e chega a máis de 6.000 escolares de 74 centros da provincia.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



