Burela, 10 de xuño, 2023. Goleada no Pavillón Municipal Vista Alegre de Burela esta tarde ás 17.00 horas no segundo encontro da primeira eliminatoria dos Playoff polo Título de Primeira Federación de Futsal Feminino, Pescados Rubén Burela FS – Poio Pescamar FS, cun resultado final de 9-3. No outro encontro da eliminatoria, MSC Torreblanca – Atlético Navalcarnero, o Torreblanca consegue empatar o encontro e vencer nos penaltis provocando un terceiro partido que se xogará en Navalcarnero o vindeiro martes e que decidirá quen se enfrontará ao Pescados Rubén na segunda e última eliminatoria do Playoff polo Título. Unha situación ideal para o Burela FS xa que non sufrirá o desgaste dun terceiro partido mentres que o equipo ao que se enfrontará na final si o fará. Pola súa banda o Poio Pescamar, que fixo unha tempada incrible, queda sen opcións de gañar a liga a o non poder cun Burela que dominou o encontro practicamente os 40 minutos cunha segunda parte arrasadora que non permitiu ao rival levantar cabeza aínda que non deixou de loitar ata o último minuto.
Nunha primeira parte máis tensa para o Burela, máis igualada e prudente por parte de ambos equipos, comeza o equipo mariñán con forza cun gol de Irene Samper en canto empeza o partido. Continúa o xogo con oportunidades para ambos os equipos pero sen atopar a portería. Unha moi clara de Peque no minuto 11 despois dunha socorrida recuperación de Irene Samper na súa portería complementando a Caridad. No minuto 17 chega o empate do Poio cun gol de Anna. Chega o descanso cun tenso marcador 1-1.
Na segunda parte comeza o espectáculo do Pescados Rubén cun gol de Peque no minuto 21 despois dun pase de Emilly que a mete na área rival onde a capitá remata e pon ao seu equipo en vantaxe 2-1. Dous minutos despois Dany continua avantaxando ao Burela cun gol tras unha boa combinación con Emilly. Segundos despois nun saque de banda no que Patricia pasa o balón a Jozi, unha oportuna Laura Uña róuballe o balón á porteira brasileira e encaixa o 3-2. Pero pouco dura a alegría do equipo pontevedrés, no minuto 24 de novo Peque nunha xogada individual consegue o 4-2. Tras unha falta perigosa e dobre paradón de Jozi chega o 4-3 despois dun corner cara atrás onde recolle Luci que pasa o balón e remata unha Irene García moi ben posicionada. No minuto 26 expulsan a Luci por dobre amarela pero non é ata o 32 no que Irene Samper anota o 5-3 despois dun erro de Elena á que Irene rouba o balón e cóallo na portería. No minuto 33 Emilly consegue o 6-3 tras un pase de Dany que recibe desde a outra punta da pista de Irene Samper e colócalla a Emilly para unha boa xogada de finalización da nova promesa brasileira. Dous minutos despois continúa Dany co 7-3 soa ante a porteira e pouco despois repítese unha escena similar con Patricia que anota o 8-3. Remata o recital de goles Saki, co 9-3 final no minuto 37 tras un pase de Antía que consegue exceder á porteira do Poio. Termina o encontro e o Pescados Rubén Burela FS está na Final para optar ao que sería o seu cuarto título dos catro disputados esta tempada.
Julio Delgado, moi orgulloso do tabajo realizado, recoñece unha primeira parte máis tensa “aínda que nos fomos con empate a uns fómonos algo enfadados porque tivemos moitísimas ocasións e concedemos un gol moi infantil, pero a segunda parte foi un rodillo e voume supercontento, a actitude foi extraordinaria”. Sobre a final “se pasa Futsi teremos o factor cancha en contra, se pasa Melilla terémolo a favor, a verdade é que as eliminatorias están moi igualadas. O noso obxectivo era estar aí, na final, creo que chegamos moi ben, en bo momento, con moi boas sensacións. Facendo unha semifinal moi completa e despois de perder o último partido de Liga, perder o factor cancha creo que o resolvimos moi ben e imos con moita moral e moi boas sensacións para disputar a final”.
Ficha Técnica Pescados Rubén Burela FS – Poio Pescamar FS
Pescados Rubén Burela FS: Caridad (P), Dany, Peque (C), Irene Samper, Emilly – cinco inicial- Saki, Jenny, Antía Pérez, Patricia, Jozi Oliveira (P).
Poio Pescamar FS: Elena (P), Laura Uña, Martita, Anna, Elena Aragón, – cinco inicial -, Agostina, Dani Sousa (C), Irene, Rocío Gómez, Luci, Sandra Buzón (P)
Goles: Min.1 Irene Samper 1-0; min.17 Anna 1-1; min.21 Peque 2-1; min.22 Dany 3-1; min. 23 Laura Uña 3-2; min.23 Peque 4-2; min.24 Irene 4-3; min.31 Irene Samper 5-3; min.32 Emilly 6-3; min.34 Dany 7-3; min.35 Patricia 8-3; min.37 Saki 9-3.
Equipo Arbitral: Roberto Amor, Jose Manuel Carreira, Andrea de Luis Iglesia
TA: min.2 Anna, min.4 Dani Sousa, min.18 Luci, min.25 Luci, min.29 Julio Delgado (entrenador PRBurelaFS), min.37 Patricia.























A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.



