Burela, 10 de xullo, 2023. O xogador sevillano de 26 anos, Carlos Castillejo Artero, Charly, incorpórase á plantilla do Pescados Rubén Burela FS para a próxima tempada. A segunda fichaxe do equipo será o xogador canteirán do Betis, que ingresa no equipo andaluz na tempada 2015/2016 sendo aínda de categoría xuvenil, procedente do Triana FS onde deu os seus primeiros pasos no fútbol sala. Defendeu o escudo bético no segundo equipo desde a tempada 2016/2017 ata a 2021/2022, sendo capitán do mesmo no últimas tres, contribuíndo a lograr o histórico ascenso do equpo a División de Prata na tempada 20/21 e gañándose posteriormente un lugar no primeiro equipo durante esta última tempada 2022/2023.
Charly chega a Burela con moitas ganas despois de toda unha vida en Sevilla, “eu nunca saín da casa e dixéronme que Burela é un gran sitio para evolucionar como xogador, onde se está ben e eres ben acollido. Ademais recomendáronme moito a David Rial como adestrador e cando me chamou non o dubidei, tiña máis ofertas pero decidín irme a Burela”. Sobre a súa achega ao equipo e as súas espectativas para esta tempada “espero achegar o meu grao de area e dar todo o posible polo equipo na faceta que sexa. Burela para min é un equipo de Primeira e que mínimo que tentar loitar polos Playoff ou por optar ao título de Liga”. Cara á afección “que confíen no proxecto deste ano que seguro que vai ser moi bonito, avecíñanse moi bos momentos en Vista Alegre”.
O Presidente do Pescados Rubén Burela FS, Manuel Blanco dá a benvida ao xogador andaluz “é un xogador novo pero con experiencia, que se une ao noso equipo provinte do Betis para fortalecer ao equipo a través desa mestura entre experiencia e, do mesmo xeito que o seu compañeiro Jorge Quelle, mocidade con proxección de futuro. Con moi bo físico, leva anos xogando a gran nivel tanto en Segunda como en Primeira División, axudaranos a incrementar e fortalecer a defensa da nosa plantilla”.























Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.

