Neste encontro coa xunta directiva de Galicia Baleira, José Ramón Gómez Besteiro estivo acompañado por outros membros da candidatura socialista e por catro concelleiros de Pol, entre os que estaba Marina Ramudo, número 2 ao Senado
Lugo, 10 de xullo de 2023. “O problema da Galicia Baleirada está aí, somos conscientes e o Goberno de Pedro Sánchez xa está a traballar en aspectos concretos que responden a moitas das demandas desta plataforma veciñal: Banda ancha no 100% da provincia en 2024, un modelo de residencias para maiores sen listas de espera de 2 anos como as da Xunta, unhas pensións dignas e melloras nas conexións que permitan aos máis novos elixir onde vivir”. O número 1 ao Congreso polo PSdeG-PSOE por Lugo, José Ramón Gómez Besteiro realizou esta reflexión na reunión que mantivo esta mañá na Carballeira de Pol con preto dun centenar de membros de “Galicia Baleira” chegados desde toda a provincia fronte aos que defendeu un modelo de sociedade “que non deixa a ninguén atrás”.
Gómez Besteiro, acompañado por outros membros da candidatura socialista ao Congreso e ao Senado como César Mogo, Patricia Otero, Marina Ramudo ou Eduardo Vidal, recibiu o aplauso de Galicia Baleira cuxos representantes destacaron a súa “capacidade de escoita e as súas achegas” fronte ao silencio “doutros como Rueda ou Ana Pontón, dos que non sabemos nada a pesar de nosas reiteradas peticións de reunión”.
Galicia Baleira entregou ao número 1 ao Congreso por Lugo un manifesto/resumo coas súas principais peticións, moitas delas recollidas no programa socialista da campaña 23X como a implantación de servizos básicos de calidade accesibles e a 30 minutos máximo do mundo rural, máis innovación e mellores oportunidades e mellor atención ás persoas maiores ou programas de arraigamento para ou asentamento de novas familias.
Así mesmo, Besteiro lembrou ou apaoio de Sánchez a descentralización das administracións e as institucións “porque, a pesar do que queren a dereita, non todo ten que pasar por Madrid”.
Asimismo, Besteiro lembrou o apoio de Sánchez a descentralización das administracións e as institucións “porque, pese a o que queren a dereita e a ulttradereita, non todo ten que pasar por Madrid”.
O candidato rematou a súa intervención pedindo o voto para os socialistas no 23X “porque só nós defendemos un rural no que se poda traballar e vivir”.
Visita Queixería Don Crisanto e reunión con empresarios da Terra Chá
Trala reunión con Galicia Baleira, os candidatos, acompañados pola subdelegada provincial do Goberno en Galicia, Isabel Rodríguez, visitaron a Queixería Don Crisanto, empresa familiar fundada nos anos 60 por unhha muller e que a día de hoxe é un exemplo de modernidade sen abandonar o seu labor artesanal. Posteriormente os socialistas mantiveron unha comida de traballo cos representantes da Asociación de Empresarios de Terra Chá.




















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



