A Mariña, 15 de xullo, 2023. Vivemar convida a tódolos colectivos da Mariña que teñan algún tipo de relación co mar e interese polo seu patrimonio a asistir ao encontro de traballo que terá lugar o vindeiro 22 de Xullo en Foz. O obxectivo fixado no anterior encontro foi avanzar na definición e realización dun Catálogo de recursos da Cultura marítima da Mariña e o Cantábrico galego, para o que se artellan tres mesas de traballo segundo a temática, unha para embarcacións, outra para o patrimonio construido e a outra para o inmaterial, é dicir, a memoria das persoas vivas que viviron do e para o mar.
Quen desexe inscribirse deberá cumplimentar o seguinte formulario
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdpq90niHwMyV7GcAfRyNs fDTxChEWpQdVO-iBmsaJSELV3zw/viewform ou en caso de non ser posible enviar correo a vivemar.viveiro@gmail.com
Programa do encontro
10.00 h. Recepción participantes:
10.15 h. Traballos de posta en común para a realización do Catálogo de recursos da Cultura marítima da Mariña e o Cantábrico galego.
10.30 h. Comisións de traballo.
Embarcacións
Coordina: Daniel García Níñez
Patrimonio construido
Coordina: Antón Mascato
Patrimonio inmaterial
Coordina Lucas Requeixo
12.15 h. Pausa café.
12.30 h. Posta en común das comisións.
13.00 h. Presentación nº 15 de Nova Ardentía. Emilio Insua, coordinador da revista e Antón Mascato do consello de redacción
13.20 h. Os Encontros de embarcacións de Sada 2023. Membros da comisión organizadora
13.40 h. Outras propostas de dinamización
14.00 h. Xantar. Obrigado inscribirse
15.30 h. “O Mar en Foz” por Antón Niñe e visita guiada á exposición de Artes e Aparellos no Cenima. Coordina Sociedade Cultural A Rula de Foz
16.30 h. Experiencia en Traiña, no porto de San Xiao. Coordina Daniel García Níñez.
17.20 h. Visita guiada ao portiño de San Xiao e á Salgadeira de San Xiao coordinado por Manuel Lara, de Culturmar e Buxa.
18.00 h. Fin da xornada, calendario próximas actividades, despedida e entrega de documentación.
Organiza: Vivemar.
Responsables: Lucas Requeixo, Daniel García Níñez e Antón Mascato.
Coorganiza: Culturmar. Federación de Asociacións pola Cultura marítima e fluvial.























Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



