Santiago de Compostela, 15 de xullo, 2023. Se todas as persoas que votaron ao Bloque nas pasadas eleccións municipais e antes nas galegas volven facelo o 23X, Galiza terá un grupo galego forte para facer valer os seus intereses ante o Estado. Foi a mensaxe que lanzou a portavoz nacional, Ana Pontón, no mitin que compartiu en Lugo xunto ao candidato Daniel Castro, onde fixo un chamamento a mobilizarse masivamente nas urnas para “cambiar poñer a Galiza no centro e frear a involución”.
“Pídolle a todas as persoas que votaron ao BNG nas eleccións galegas e agora nas eleccións municipais que este 23 de xullo volvan confiar no BNG, que volvan encher as urnas de votos ao BNG para ter un grupo galego forte no Congreso, porque co voto que tivo o BNG tanto nas autonómicas como nas locais, Galiza terá un grupo forte e orgullosamente galego en Madrid tamén con escano polas catro provincias”, recalcou a líder do Bloque desde a cidade da Muralla.
Neste sentido, Pontón apelou así a concentrar no Bloque todo o voto “de País, rebelde e inconformista”, para acadar ese grupo forte con deputados e deputadas por Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, provincias nas lle está a disputar escanos ao PP de Feijóo. “Cada escano máis para o BNG é un menos para Feijóo e a súa alianza con esa extrema dereita antigalega”, afirmou. E incidiu en que en Galiza, “a alternativa real ao PP é o BNG”.
A líder nacionalista aproveitou o mitin en Lugo para destacar a especial necesidade de darlle unha “voz forte e potente” á Galiza interior e facerlle fronte á discriminación histórica por parte das forzas estatais que fan que as infraestruturas prometidas “durman o sono dos xustos”, como sucede no caso da autovía da Mariña eternamente prometida que agora en campaña volven anunciar, ou a autovía entre Lugo e Santiago, sen rematar trinta anos despois do seu inicio. “Un pitorreo e unha falta de respecto”, dixo.
“A Galiza do interior tamén existe e hai que sacala do vagón para darlle futuro”, subliñou a líder do Bloque, que acusou ás forzas do “bipartidismo que quere que todo siga igual” de ter posto “paus nas rodas” ao desenvolvemento do interior de Galiza. “Xa sabemos que os deputados das forzas estatais van a Madrid atados de pes e mans”, denunciou.
Por contra, destacou, o BNG é a única forza coas “mans libres” para defender os intereses dos galegos e das galegas ante o Goberno do Estado, e fronte a unhas forzas estatais “que din unha cousa aquí e fan a contraria en Madrid”, criticou, “non imos fallar nin na defensa de Galiza en Madrid nin á hora de pararlle os pés a Feijóo e o seu aliado da extrema dereita racista, machista e antigalega”.
Un Feijóo “que aquí coñecemos ben”, indicou, mentres facía repaso da “boa xestión” do candidato do PP. “Provocou a emigración masiva de 200.000 mozos e mozas porque non lle daba máis alternativas que a P de paro ou a P de precariedade”, puxo como exemplo. “E di que se compromete cos maiores, pero en Galiza temos as segundas pensións máis baixas do Estado e en catorce anos non construíu nin unha soa residencia pública”, argumentou tamén.
Un Feijóo que fala de boa xestión, pero que en Galiza triplicou a débeda pública ao tempo que recortou en servizos públicos, en educación e en sanidade, afondou, para advertir da Galiza “cada vez máis pequena” que queda dos anos de goberno do PP.
O BNG, contrapuxo, quere construír unha “Galiza en grande”, respectada en Madrid, cun grupo galego forte que fale polos miles e miles de galegos e galegas “fartas de tanta discriminación”.
As tres A da discriminación a Lugo
Unha discriminación da que o cabeza de cartel por Lugo. Dani Castro, puxo os exemplos da discriminación. No caso de Lugo, referiuse ao que chamou as “tres A”. A primeira, a A-6, sobre a que preguntou: “Que pasaría se o viaduto caese nunha das entradas principais a Madrid”?. A segunda, a eternamente inacabada autovía A54 entre Lugo e Santiago. E a terceira, a A74, “a autovía na Mariña que levan prometendo desde que era una neno”, recalcou.
Por iso, Castro convidou a votar masivamente BNG este 23 de xullo “para acabar coa discriminación das forzas estatais coa nosa provincia e para facer historia dándolle a Lugo o primeiro deputado do Bloque. “Tendes a miña palabra, vou colocar os problemas de Lugo no centro do debate no Congreso”, dixo no Instituto Politécnico da Cidade das Murallas, a onde se tivo que trasladar o acto por culpa do mal tempo.
O candidato por Lugo fixo unha apelación directa á mocidade, que paga un prezo moi alto, expuxo, pola discriminación do PP e do PSOE en Madrid: “Cada vez temos máis difícil emanciparnos e facer os nosos proxectos de vida, porque a maior parte da xente nova soporta precariedade e baixos salarios”.
O cabeza de lista amosouse convencido de que o 23 de xullo Lugo “fará historia” logrando un deputado do BNG. “Imos ter escano si ou si. Se até o di o CIS!”, ironizou, un escano que vale dobre, “para defender Lugo en Madrid e tamén para defender os dereitos e as liberdades fronte a ese PP ultra e a esa extrema dereita cavernícola que nos quere quitar o noso idioma, negacionista da violencia machista, dos dereitos LGTBI, que nos quere impedir amar a quen queiramos e ser como queiramos ser”. “Encher as urnas de votos BNG, é un win-win”, concluíu.



















Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.



