O Partido Popular insiste en bloquear a súa recuperación
Lugo, 26 de xullo de 2023. O BNG lamenta a intención do Partido Popular de persistir no bloqueo ao proxecto de recuperación e posta en valor da Torre de Caldaloba que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo iniciou hai un ano coa compra da parcela na que se ubica parte da Torre e os seus fosos defensivos e coa redacción dun proxecto de consolidación para atallar o deterioro da construción.
Así se confirmou no Pleno provincial desta mañá na que o Partido Popular votou en contra dunha moción do BNG que pedía ao goberno galego que aclare se exercerá o dereito de retracto sobre a compra, que anunciou hai máis de nove meses e non materializou, e que autorice as obras proxectadas pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo para apuntalar a Torre.
“Se a Xunta vai exercer o dereito ao retracto, que anunciou hai nove meses, que o faga, pero que o faga canto antes. Esta moción só pide que a Xunta de Galicia desbloquee a situación e permita realizar as obras de consolidación previstas para non ter que lamentar nada. Se non o fai, terá que explicarlles aos seus veciños porque non move ficha”, expuxo a deputada Iria Castro durante o debate da moción, dirixíndose ao deputado popular e alcalde de Cospeito Armando Castosa.
No debate, a deputada e responsable de Cultura no gobernolembrou a cronoloxía das actuacións levadas a cabo desde a institución provincial para recuperar a Torre de Caldaloba para o patrimonio púbilco e desenvolver un proxecto de posta en valor desta construción de grande valor simbólico para Galicia.
Tras chegar a un acordo coas persoas propietarias, o 29 de xullo de 2022, a Xunta de Goberno provincial aprobou a adquisición da parcela na que se ubica a metade da edificación – a correspondente as fachadas noroeste e suroeste – e o sistema de fosos e contrafosos defensivos, o que supón preto de 2 hectáreas de terreo.
A compra da parcela, dunhas 2 hectáreas de terreo, ratificouse coa inscrición da compra e venda en documento público o 21 de outubro do 2022.
A Xunta de Galicia anunciou naquela data que exercería o dereito de retracto que lle outorga a Lei de Patrimonio Cultural de Galicia, mais nove meses despois non materializou o anuncio, impedindo a inscrición da parcela no Rexistro da Propiedade.
O goberno galego tamén bloqueou as obras de consolidación que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo tiña proxectadas na Torre, negando á institución provincial a autorización para executar os traballos dirixidos a conter o deterioro na edificación e asegurar o seu entorno máis inmediato.
A Vicepresidencia da Deputación solicitara o permiso para realizar as obras o pasado 23 de febreiro. A Xunta de Galicia negouno a través do silencio administrativo, ao deixar transcorrer o prazo de tres meses sen pronunciarse.
O BNG advirte dos plans da Xunta de Galicia para o vindeiro curso: unha vintena de centros con vacantes sen cubrir
O BNG advertiu no pleno provincial da previsión de recortes de profesorado que a Xunta de Galicia manexa de cara ao curso que ven, dacordo co exposto pola propia Consellería de Educación aos sindicatos nunha reunión de negociación sobre prazas vacantes.
Segundo esa previsión, non se cubrirán prazas vacantes de pedagoxía terapeútica, audición e linguaxe ou educación primaria nunha vintena de centros, e noutra decena a cobertura será a media xornada ou con persoal compartido con outros centros.
O voceiro do BNG Daniel García denunciou a situación durante o debate dunha proposta de goberno para reclamar á Xunta de Galicia a fin dos recortes de persoal en educación, que se aprobou cos votos a favor de BNG e PSdG e en contra do Partido Popular.
Daniel García incidiu na defensa dun sistema educativo público que garanta ás nenas e nenos do rural os mesmos dereitos e oportunidades que os de calquera outro punto do país, adaptando os ratios á realidade do rural e tendo en conta que os centros educativos son un elemento vertebrador dun rural vivo e imprescindibles para manter a poboación”.





















En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



