Ribadeo, 9 de agosto de 2023. O famoso barco histórico Atyla estará en Ribadeo do 10 ao 13 de agosto. A embarcación atracará nas instalacións do Real Club Náutico e poderase visitar, gratuitamente, o 11 e 12 de agosto de 12 a 14 horas.
A concelleira de Turismo, Marta Saiz, contou que “o famoso barco histórico Atyla estará en Ribadeo do 10 ao 13 de agosto coa axuda da Fundación Traslatio e a colaboración do Concello de Ribadeo, a Xunta de Galicia e o Real Club Naútico de Ribadeo. Durante estes día teremos a oportunidade de ver este famoso barco, o único de madeira en toda España que fai viaxes de aventura a nivel internacional. Este veleiro foi construído nos anos 80 seguindo técnicas tradicionais (carpintería de ribeira) cun deseño inspirado nos buques do século XVIII”.
A edil ribadense explicou que “o barco está xestionado por unha organización benéfica e o 100% dos beneficios e doazóns recibidas destínanse a un Fondo de Bolsas para que persoas con poucos recursos poidan participar nas viaxes que este ofrece. Son viaxes de aventura nos que a tripulación a través de retos fomenta o desenvolvemento de diversas habilidades dos novos/as tripulantes como o traballo en equipo, comunicación intercultural, intelixencia emocional, pensamento crítico, liderazgo, responsabilidade, coraxe e resiliencia”.
Saiz indicou que “o barco Atyla atracará nas instalacións do Real Club Náutico de Ribadeo e poderase visitar, gratuitamente, o 11 e 12 de agosto de 12 a 14 horas. Para os/as interesadas na navegación tamén ofrece excursión marítimas do 10 ao 12 de agosto ás 17 horas dunhas tres horas de duración”.
A concelleira de Turismo engadiu: “desexamos que esta nova iniciativa que se propón dende o Concello e a Concellería de Turismo sexa de interese para a cidadanía e siga a potenciar o turismo náutico, outros dos nosos grandes baluartes, que atrae a esta vila centos de navegantes de diversas nacionalidades que usan as prazas de transito do Club Náutico para recalar en Ribadeo”.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



