Avanzan que arrincaron ao equipo de goberno do PP de Mondoñedo o compromiso de “estudar” de novo este orzamento. Tal e como explicamos no pleno “hai concellos na provincia que pagan polo mantementos das súas piscinas 3.000 euros”
Mondoñedo, 10 de agosto de 2023. Os Socialistas de Mondoñedo cualifican como un auténtico “escándalo o orzamento de máis de 12.000 euros”, destinado ao mantemento das piscinas municipais. Así o denunciaron na pasada sesión plenaria, celebrada este mércores, na que evidenciaron o custe desproporcionado do mantemento desta infraestrutura pública.
Os socialistas reclamaron unha rectificación desta cuantia “xa que non se sostén por ningún sitio”, o orzamento presentado no Concello para manter as piscinas. Nesa liña avanzan que arrincaron neste pleno ao equipo de goberno do PP de Mondoñedo o compromiso de “estudar” de novo este orzamento. Tal e como explicamos no pleno “hai concellos da provincia que pagan polo mantementos das piscinas 3.000 euros”, inciden.
Hai que lembrar que as piscinas municipais están situadas en Viñas da Veiga, ao carón do campo de fútbol e do pavillón polideportivo, e todo este complexo estaba sendo atendido por un operario municipal que xa se xubilou, “polo tanto nestes intres non hai ninguén ao fronte do mantemento das instalacións”.
Esperanza González argumentou, na sua intervención, que o Concello de Mondoñedo destinaba ao persoal responsable deste complexo deportivo un soldo que non superaba os 1.200 euros brutos mensuais, “e con ese orzamento ocupábase das piscinas, do campo de fútbol e o pavillón, ademais doutros traballos extraordinarios. Pero agora coas contas do PP, só a xestión das piscinas ascenden a 12.493 euros no verán. A cifra parécenos un autentico escándalo, e unha autentica tomadura de pelo á veciñanza”.
A empresa non aporta nada, nin a escoba para varrer as instalacións
Ademais hai que sinalar que tal e como consta no orzamento rexistrado pola empresa, que inclúe os meses de xulio e agosto e a primeira quincena de setembro, “non aporta nin equipos, nin maquinaria ou produtos de limpeza para o mantemento das instalacións, nin unha soa bolsa de lixo ou unha escoba para varrer as instalacións. Todos estes traballos realizánse con material do Concello de Mondoñedo”, advirten.
Moitas coincidencias
A Voceira socialista tamén fixo fincapé na coincidencia do rexistro das tres empresas coruñesas que presentaron as súas ofertas no rexistro no Concello para estes traballos. “Casualmente as tres coincidiron en rexistralo o mesmo día, o 5 de xullo, e casualmente as tres fixérono no mesmo intervalo de tempo, a mesma hora e de xeito correlativo; ás 13:25, ás 13:33 e ás 13:39, e sen mediar ningún outro expediente no medio. Pero o que nos parece aínda máis sorprendentemente destes tres orzamentos é que os tres son case idénticos, palabra a palabra e frase a frase, con guións incluídos”. “Dende o máximo respecto institucional a este equipo de Goberno, urximos ao PP a revogar este orzamento, porque non se sostén por ningún sitio”, insisten.
Preguntas
O Grupo Socialista tamén interpelou ao Goberno Local para coñecer que xestións vai realizar sobre os problemas de filtracións que afecta a vivendas dos veciños da Avenida das San Lucas, “hai familias afectadas que rexistraron ata 8 escritos e non recibiron nin unha soa contestación por parte do Concello”. Dende o Concello argumentaron que van a seguir investigando as causas destas filtracións. Por último, preguntamos si o Concello está transportando auga ás parroquias e lugares nos hai que demanda debido a cortes ou avarías. Contestaron que si, que están transportando auga onde a demandan.
Rogos
Nesta mesma sesión plenaria demandamos a través de varios rogos o arranxo dos baches do aparcadoiro ao carón da Igrexa Nova, un plan de limpeza dos parques infantís e que se abran os baños da Alameda dos Remedios.




















Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"



