Foz, 11 de agosto de 2023. A auga da traída municipal de Foz volve ser axeitada para beber e cociñar. Polo tanto o Concello, despois dos resultados das mostras tomadas o luns e mércores desta semana, 7 e 9 de agosto, elimina a recomendación de evitar o seu emprego para estes usos.
O pasado 3 de agosto o Concello de Foz recomendaba á poboación como medida preventiva non inxerir auga da traída nin preparar alimentos con ela despois da detección de valores de trihalometanos (THM) por encima dos rangos permitidos. Os resultados das analíticas tomadas este luns xa presentaron valores normais e este mércores analizáronse novas mostras por parte de dous laboratorios distintos, resultando valores dentro dos rangos marcados. É por isto que o Concello de Foz informa que se eliminan as recomendacións de hai pouco máis dunha semana: veciñas, veciños e visitantes poden empregar auga da traída para calquera uso con total seguridade.
O alcalde, Fran Cajoto, explica que “as medidas de corrección funcionaron: a substitución do cloro no pretratamento por peróxido de hidróxeno foi efectiva e hoxe xa podemos eliminar con seguridade as recomendacións de hai 8 días. Aínda que non existiu risco para a saúde da poboación, a nosa obriga é ser transparentes e obrar da maneira máis responsable. Pedimos desculpas polas molestias causadas e solucionado o problema é tempo de analizar que medidas adicionais podemos tomar na potabilización para que non volva acontecer”.
O Concello de Foz quere mandar unha mensaxe de tranquilidade tamén sobre a cor da auga, na que ten tamén incidencia a utilización do peróxido de hidróxeno como reactivo en lugar do hipoclorito.
O alcalde engade: “seguiremos realizando unha toma de mostras continua, para garantir unha auga de calidade porque é a nosa prioridade conseguir dar o mellor dos servizos posible. Pedimos tamén un consumo responsable, dada a situación de seca prolongada que estamos a sufrir na Mariña e en todo o país ”.























Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



