O xogador brasileiro de 22 anos será o segundo porteiro do equipo laranxa, un xove con moita proxeción de futuro
Burela, 19 de agosto, 2023. Mikael Deon, Mika, o porteiro natural de Piratuba, Santa Catarina (Brasil), chegou a un acordo co club mariñán para completar a portería durante a tempada 23/24. O xogador de 22 anos provinte do Araz Nakhcivan, equipo da Liga Premier de Acerbaixán, deu os seus primeiros pasos no AEP Futsal no que estivo durante as tempadas 17/18 e 18/19. Na 19/20 ficha polo Joaçaba Futsal (Ajec), e en a 21/22 por o Concórdia Futsal, equipo de Primeira División brasileira. Na 22/23 xoga no Araz Nakhcivan ata esta 23/24 que pasará a formar parte da plantilla formada por David Rial. Será unha boa oportunidade para o novo porteiro para poder aprender dun dos mellores porteiros da Segunda División, Michal Kaluza.
O presidente do club mariñán, Manuel Blanco, sabe que é un xogador con proxección e que vai aportar e aprender moito a este club, “Un porteiro moi novo, con gran proxección de futuro, na liña de todas as nosas fichaxes desta tempada, que van axudar ao equipo para ser cada vez máis competitivo. Con bo xogo cos pés, do mesmo xeito que o noso Michal que vai ser un moi bo mestre para o novo porteiro, seguro que medra moito durante este ano”.
Mika séntese afortunado de poder vir a Burela, “Cando o meu xerente se puxo en contacto comigo, falando do club, aceptei nese momento, pola historia que ten Pescados Rubén Burela FS no fútbol sala español”. Sobre as súas aportacións e aprendizaxe no equipo, “Estou seguro de que darei o mellor de min para o equipo, para medrar xuntos esta tempada, como persoa e como club” Os seus obxectivos, “O meu principal obxectivo no club é poder volver á primeira división que é onde este club merece estar”. Unha mensaxe á Familia Laranxa “Os afeccionados poden estar seguros de que non faltará a vontade, a garra e moita alegría, conto con todos os afeccionados para apoiarnos ata o final”






















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



