Nota de Prensa:
FERNANDO SUÁREZ VALORA DE XEITO MOI POSITIVO A APROBACIÓN POR PARTE DE PATRIMONIO DO PROXECTO ENVIADO POLO CONCELLO PARA PROCEDER Á RECUPERACIÓN DA TORRE DOS MORENO. PARA O ALCALDE O IMPORTANTE É CONSEGUIR ENTRE TODOS QUE NON SE CAIGA.
Ribadeo, 17 de setembro de 2010. O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, valora de xeito moi positivo a aprobación por parte de Patrimonio do proxecto enviado polo Concello para proceder á recuperación da Torre dos Moreno. Agora toca buscar financiación.
O rexedor lembrou que “por todo o mundo é sabido o mal estado e a pésima e mala situación na que se atopa a Torre dos Moreno, tanto desde o punto de vista estructural como desde a enorme fragmentación da propiedade e das dificultades que tiveron varias Corporacións para chegar a un acordo con eles e para que as administracións puideran invertir diñeiro público nun edificio que aínda que é un dos máis emblemáticos de Ribadeo non deixa de ser privado nun oitenta e pico por cento”.
Suárez Barcia manifestou que “eu, sendo consciente desta situación, e sendo responsable co que estamos facendo no casco vello dialogando coa xente que quere dialogar para que rehabiliten os seus inmobles, axudándolles no que poidamos a conseguir subvencións, etc. E ao mesmo tempo temos tamén unha man dura cos propietarios que non viven aquí e que teñen as súas casas caendo e que non son conscientes do peligro que iso supón para todos os viandantes. A Torre dos Moreno non debe ser allea a todo o que estamos a facer no casco vello”.
O alcalde de Ribadeo engadiu que “sempre mantiven e manterei neste caso unha discreción de cara ao que se está a facer. A Xunta, Cultura e Patrimonio son sabedores do que estamos a realizar e por iso me alegra que onte a Comisión de Patrimonio aprobase este proxecto remitido polo Concello para proceder á recuperación do inmoble. Un proxecto que sigue un informe dun persoeiro en cálculo de estructuras como é José Calavera, que nos indicou que se debería facer de xeito urxente para que isto non se vaia abaixo, habería que ir pensando en substituir unha serie de columnas, en facer unha serie de traballos de emerxencia. Os primeiros pasos que había que dar eran esa aprobación por parte da Comisión de Patrimonio e agora haberá que buscar financiación, que primeiro terá que vir por parte dos propietarios lexítimos”.
Fernando Suárez valora “positivamente que a Comisión de Patrimonio aceptara e aprobara este proxecto. E eu sempre toda a información que saia á luz pública estará contrastada e consensuada cos responsables autonómicos, dado que o importante non é poñerse a medalla senón conseguir entre todos que non se caiga, cos propietarios primeiro, pero senón será a pesares dos propietario




















José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



