Comecemos por un pequeno listado. No caso de Ribadeo, o territorio está vertebrado polas vías de comunicación A-8 e N-643 que articulan o norte do concello e comunican con outras zonas do Cantábrico. A N-642 e a N-640 comunican a zona leste de norte a sur, facilitando o acceso o interior galego e asturiano. As anteriores son de dependencia estatal. A LU-133, de titularidade da Xunta de Galicia, é unha estrada de vella orixe que comunicaba as ribeiras do Masma coa ría de Ribadeo polo interior, e hoxe fai de espiña dorsal do interior do concello. Como un anexo dela, a estrada da Deputación LU-P-5207 comunica a anterior coa vila. Por suposto, hai outras estradas, como as da Deputación LU-P-5203, 5204, 5205 na zona sur do concello, ou a da Xunta LU-141 que une Rinlo co eixe norte, máis as estradas dependentes do Concello, como a que une Marelle co eixe central, e mesmo vías dependentes doutras entidades. A sumar o anterior, e como xestionada por entidade pública, o tren de vía estreita que atravesa a beira costeira e de ría.
O anterior é un resume xeral para dar unha idea, que presenta un plano bonito, ideal, aséptico. Algo que se pode ampliar de diversos xeitos, como botándolle unha ollada ó Plan Xeral de Organización Municipal, PXOM. Resume que describe e, ó tempo, deixa moitos cabos soltos, como que se -polos motivos que sexa- non hai coordinación entre administracións, a articulación pode ser disfuncional ou diferencial. Disfuncional por non atender a estrutura ás necesidades e diferencial por ter un mantemento que se pode considerar agravio para diferentes zonas. Tampouco pon de manifesto que a vía férrea ten unha única estación, no pobo, e tres apeadoiros, só na zona norte, con catro servizos cara Galicia e só dous, con horarios que invalidan en boa parte o seu uso, cara Asturias. E tampouco fai explícito que os dous terzos da poboación do concello se concentran na vila, ou que para o uso efectivo desas vías de comunicación, pode que coa excepción do eixe Cantábrico, fai falta un aparello de desprazamento particular a non ser que se adapte ó ir e volver do transporte escolar (posibilidade que estimo que foi un paso de xigante a pesar do baixo uso pola reducida posibilidade que ofrece).
En conxunto, o plano de Ribadeo sae favorecido fronte a outras zonas de Galicia, aínda que chega pensar en desprazarse sen coche propio á capital galega para ter que botar contas, non só económicas, senón de tempo dispoñible alí. Estamos fronte a unha realidade que conxuga o despoboamento coas posibilidades sociais e económicas da xente no rural. Algo paliable en parte con máis inversión -ata onde poda chegar a administración-. Pero sobre todo, algo que hai que repensar porque é a propia estrutura social que temos, baseada cada vez máis no capitalismo e conducente a concentración -de cartos, de xente, de infraestruturas- o que está complicando o poñerlle unha solución que equilibre as posibilidades de vivir no rural ás de vivir nunha cidade.
Lembras a ‘revolta dos chalecos amarelos’ francesa? Desatouse por unha suba de combustible, mais a súa orixe, está na discriminación das zonas rurais, onde son ‘expulsadas’ as persoas con baixos recursos, nunha espiral descendente. Nas grandes vilas hai xente que opta por non ter coche propio, e poden permitirseo. Nas zonas rurais non hai opción, só dependencia. Algo semellante pasa con internet… Ou repensamos a estrutura da nosa convivencia social a grande escala ou iremos cara un mundo peor (aínda sen a crise climática, a de recursos ou a contaminación), na que os primeiros perdedores serán os máis débiles, pero que afectará a todos.




















Ademais, a medida responde a razóns de seguridade e operatividade, xa que a presenza de público nestas xornadas impide que os camións de recollida poidan acceder e circular con garantías por esta zona. Durante eses cinco días, os contedores permanecerán instalados nos seus emprazamentos habituais para que a veciñanza e os visitantes poidan depositar neles os residuos. Ademais, o servizo de limpeza reforzará as tarefas nos puntos vinculados á celebración do festival. O Concello solicita a colaboración da cidadanía para manter os espazos públicos nas mellores condicións posibles.
"Este éxito é froito do teu esforzo, dedicación e constancia, e é un orgullo para todo o noso concello. Desexámosche moitos máis éxitos deportivos e que sigas representando a Cervo e ao Club Deportivo San Ciprián con tanta ilusión e talento", salientan desde o consistorio.
A mostra reúne imaxes tomadas en Galicia, Cataluña, Aragón, Andalucía, Senegal e Escocia, ofrecendo un percorrido pola biodiversidade e polos vínculos entre distintos ecosistemas. O fotógrafo, naturalista especializado en ornitoloxía, invita a contemplar a natureza cunha mirada pausada e consciente a través de 50 especies de fauna. Permanecerá aberta ata o 29 de xullo.
Con este xesto simbólico, expresou a súa solidariedade co pobo venezolano, trasladando o seu apoio ás familias das persoas falecidas, feridas e afectadas por unha traxedia que continúa deixando un elevado número de vítimas e miles de damnificados.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, visitouna no seu domicilio para felicitala e entregarlle un ramo de flores en nome de toda a veciñanza. Nada en Sargadelos e veciña de Cervo, foi a máis nova de dez irmáns e desde moi nova traballou no campo e coidou dos animais, sempre cun gran espírito de esforzo. Nai, avoa e bisavoa, a súa familia destaca a súa alegría, enerxía e bo humor. Moi activa ao longo da súa vida, gozaba de viaxar, da praia, de conducir e de participar nas actividades municipais, ademais de cultivar a súa paixón por cantar. Coqueta, sorrinte e cun espírito novo, Benedicta é hoxe un exemplo de vitalidade para todo o municipio.
A convocatoria foi realizada polo Concello para amosar a solidariedade de Ribadeo con esta catástrofe natural.



