Ribadeo, 4 de outubro de 2023. Acisa anima ás empresas locais a adherirse ao Bono Activa Comercio da Xunta e á campaña das Panchas do Concello de Ribadeo. A patronal ofrece asesoramento e apoio a todos os negocios que así o precisen así como os clientes.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, explicou que “tal e como vimos facendo sempre dende Acisa Ribadeo, con motivo destas dúas novas edicións tanto das Panchas como do Bono Activa Comercio, actuamos como entidade colaboradora e polo tanto prestaremos apoio e asesoramento tanto a empresas como a particulares nos procesos de adhesión dos negocios, na descarga e tamén no uso dos bonos por parte dos clientes. Para elo calquera interesado poderá pasar polas oficinas de Acisa ou ben poñerse en contacto con nos mediante chamada de telefono ou enviando un correo electrónico a info@acisaribadeo.es”.
Pérez Prada subliñou que “son dúas importantes actividades das que os nosos negocios poden beneficiarse, por iso creemos que é importante que todos se animen e adhiran a ambas campañas, que o que perseguen é a dinamización da economía local. Na das Panchas, organizada polo Concello de Ribadeo, o Concello aporta 10 euros por cada 30 para consumir nos negocios locais. É dicir por 30 euros conséguense 40 Panchas. E a Xunta de Galicia aporta 5, 10 ou 15 euros dependendo do importe da compra no caso do Bono Activa. Podemos estar a falar que nun tícket de compra media un veciño ou visitante que veña mercar a Ribadeo pode conseguir aforrar en torno a un 20%”.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, indicou que “é importante que os negocios locais se adhiran á campaña das Panchas do Concello de Ribadeo e ao Bono Activa Comercio da Xunta. O aforro do que se beneficia o cliente non afecta ao comercio coma un desconto, é dicir non lle supón cobrar menos. Ambas partes saen beneficiadas: o cliente gasta menos por compra e o comercio ingresa o mesmo. O cliente sae contento pola compra feita e o negocio pode fidelizar nova clientela”.
Cruzado Iglesias dixo que “as socias e os socios de Acisa Ribadeo contan desde o primeiro dia no seu mail con toda a información sobre estas campañas, pero nesta ocasión coma nas pasadas edicións o noso asesoramento e apoio será para todo o empresariado que o necesite e para toda a súa clientela. A cantos máis chegue a información e o noso apoio mais contribuiremos ao éxito no desenvolvemento destas accións”.
Presidenta e xerente de Acisa aproveitaron a ocasión para lembrarlle á veciñanza e aos visitantes que “Ribadeo é o mellor lugar para desfrutar destas campañas, xa que o noso comercio é un referente en toda a contorna tanto na Mariña como no Occidente asturiano. Aquí contamos con tendas de moda, complementos, electrónica, regalo, … ademais dunha grande variedade de bares, mesóns e restaurantes nos que poder saborear o mellor da nosa gastronomía. Calquera momento é bo para vir a Ribadeo, pero tendo o aliciente de contar con eses descontos o outono pode ser a escusa perfecta”.






















Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"
O grupo teatral O Centiño de San Martiño (Foz) actuou este sábado en Marzán, convidado pola asociación veciñal Torques de Marzán. O local quedou pequeno ante a resposta do público: 73 persoas, un récord de asistencia para unha obra de teatro na parroquia. A comedia provocou constantes risas e un ambiente moi participativo. A iniciativa volve demostrar o valor de levar actividade cultural e teatro afeccionado ás parroquias e barrios, achegando propostas escénicas a lugares afastados dos grandes circuítos. O Centiño continuará a xira de “O Autobús” nas vindeiras semanas: Sábado 25 de abril: Vilaronte (Foz). Sábado 2 de maio: Casa da Cultura de Trabada
A xornada contou con degustación gratuíta de viños elaborados por adegas da contorna, unha cata comentada e un mercado de produtos gastronómicos locais, permitindo aos asistentes coñecer de primeira man a riqueza do produto de proximidade. O pregón desta edición correu a cargo de Alejandro Gándara, quen presentou o seu proxecto audiovisual 360 curvas, unha obra que reflexiona sobre a distancia entre A Fonsagrada e Lugo e sobre o conflito social e político asociado á perda da súa condición de cabeceira de comarca, no marco da loita contra a despoboación.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.


