Dende o PP defenden o diálogo como mecanismo para chegar a acordos na Deputación de Lugo e así evitar situacións que ninguén quere, como a suba brutal do 40% que PSOE e BNG aplicaron aos gandeiros que teñen os seus animais no centro de recría Gayoso Castro, “unha decisión unilateral de PSOE e BNG á que o PP votou en contra”
Luns, 9 de outubro de 2023. “O que demostrou o goberno provincial nestes 100 primeiros días de mandato foi o seu autoritarismo, sectarismo e falta de transparencia”, segundo sinala Antonio Ameijide. “Fronte a esa actitude do bigoberno integrado polo PSOE e o BNG, o Grupo Provincial Popular quere continuar mantendo a liña propositiva e construtiva que avanzabamos ao inicio do mandato”.
ACORDOS VS. ABSOLUTISMO, DESIGUALDADES E FALTA DE XESTIÓN
Os populares defenden o diálogo “para chegar a acordos e consensos” para “evitar situacións que ninguén quere, como a suba brutal que PSOE e BNG aplicaron aos gandeiros que teñen os seus animais no centro de recría Gayoso Castro, onde a taxa que pagan pasou de 2,55€/animal/día a 3,33€/animal/día. Unha decisión unilateral de PSOE e BNG á que o PP votou en contra e que é froito dunha mala política económica derivada da falta de talante para sentarse a falar e chegar a acordos”, apunta Ameijide.
O portavoz popular considera que “o presidente actúa de forma absolutista” en referencia á actitude de Tomé nos plenos da corporación e á prohibición de acceso dos deputados populares a dependencias públicas da Deputación de Lugo; o que motivou que “dende o Grupo Provincial Popular pediramos amparo á Valedora do Pobo”.
E incide nas “desigualdades entre os Concellos da provincia” en referencia ao reparto “nada obxectivo” de fondos provinciais a través de convenios, aprobados en xunta de goberno, con algúns Concellos: “no que vai de ano 2023, o bigoberno asinou 44 convenios con Concellos gobernados polo PSOE, 11 con Concellos gobernados polo BNG, 3 con Concellos gobernados por independentes e 0 con Concellos gobernados polo PP”.
Outra desigualdade constitúea o feito de que “Tomé destina un gran volume de recursos da Deputación a Monforte de Lemos, o concello que goberna; mentres que os concellos limítrofes teñen moitas necesidades, como o caso da Pobra de Brollón onde as estradas provinciais están en moi mal estado, como a LU-P-4710 (de Salcedo á Estación da Pobra de Brollón) “seguramente unha das tres estradas en peor estado de conservación da provincia, con fochancas duns 40 centímetros de profundidade e varios metros de lonxitude”.
Os populares non esquecen tampouco a falta de xestión dos representantes do BNG e poñen como exemplo “a pitada ao vicepresidente, Efrén Castro, durante a final da Copa Galicia de baloncesto en sinal de protesta pola súa incapacidade para resolver as deficiencias no Pazo Provincial dos Deportes e dos Anexos”.
DEBERES AO GOBERNO PROVINCIAL
Nestes 100 días de goberno de PSOE e BNG á fronte da Deputación de Lugo quedou claro que a liña a seguir polo goberno provincial é “apoiar a aqueles concellos afíns e impulsar algunha carreira política”. Por iso, os deputados populares poñen “deberes” ao goberno provincial:
Un reparto equitativo dos fondos e dos recursos para todos os concellos da provincia, ampliando os recursos que se destinan ao Plan Único.
Un plan de arranxo e mantemento das estradas provinciais, dando prioridade a aquelas actuacións máis urxentes para garantir a seguridade viaria en toda a provincia.
Iniciar a vía do diálogo e chegar a acordos e consensos en lugar de impoñer as decisións, como fixeron ata agora.
Un trato igualitario a todos os concellos deixando atrás a discriminación aos Concellos gobernados polo PP á hora de recibir achegas a través de convenios interadministrativos.
Avanzar de forma decidida na construción e posta en servizo dos centros de atención a maiores comprometidos en distintos concellos da provincia sen esquecer a posta en marcha do servizo de centro de día nos que xa están en funcionamento.
Impulsar de forma decidida a recuperación e posta en valor do patrimonio da Deputación Provincial coma a Casona do Incio, o complexo de Augas Mestas en Quiroga ou as naves cedidas por Manuel Mallo para que a Deputación de Lugo dedicara a actividades relacionadas coa cantería
Desenvolver unha política de apoio ao deporte lucense que debe ter como base principal o correcto mantemento das instalación deportivas que son da súa titularidade para favorecer a práctica deportiva en condicións de seguridade.
Poñer en marcha a comisión de suxestións, que o propio bigoberno creou pero que se nega a poñer en marcha, chegando a votar en contra da petición do Grupo Provincial Popular de poñela en marchar para así dar unha nova canle de comunicación aos cidadáns, darlles máis voz e escoitalos.



















O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
A programación presentouse na Delegación Territorial de Lugo, nun acto no que participaron o delegado territorial, Alfonso Villares; o alcalde, Francisco Balado; e representantes da entidade organizadora. Villares lembrou que a asociación recuperou o ano pasado a tradicional celebración do Corpus Christi na parroquia e destacou o seu labor impulsando actividades que fortalecen a convivencia. A xornada comezará ás 13:00 horas coa misa e a sesión vermú, continuará ás 15:00 co xantar popular e incluirá sorteos, animación musical, unha cea a base de petiscos e verbena.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



