Lugo, 10 de outubro de 2023. O Valadouro inaugura mañá o programa da 36 edición da Feira do Mel, que se extenderá ata o domingo, e que conta cun ano máis coa colaboracion da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
Un obradoiro de extracción de mel na Casa da Cultura, a cargo da Asociación Galega Apícola, dará inicio a unha ampla axenda de actividades formativas e lúdicas ao redor da cultural da mel, que terá como día grande o sábado -14 de outubro- coa feira, con postos de produtores de mel locais e doutros puntos de Galiza, e tamén doutros produtos de outono.
O deputado de Medio Rural Daniel García achegouse este martes ao Valadouro para seguir os últimos preparativos da feira e, acompañado polo tenente alcalde Eduardo Chao, interesouse pola actividade de apicultores e apicultoras do concello.
O responsábel provincial valorou “a importancia da feira do mel para poñer en valor o produto e dinamizar o concello” e destacou “a calidade do mel do Valadouro, con producións premiadas en prestixiosos certames que son embaixadoras do concello”. Remarcaron tamén “a relevancia da actividade vinculada ao mel, como actividade económica e de conservación do territorio e da paisaxe”.
A feira inclúe por primeira vez unha xornada micolóxica, que se desenvolverá o domingo e que porá en valor outros dos produtos estrela do outono.
Mércores, 11 de outubro
10.00 horas. Obradoiro de Extracción de Mel para nenos de 3 a 12 anos, pero aberto a todo o público, na Casa da Cultura do Concello de Valadouro a cargo da Delegación da Asociación Galega Apícola de Mondoñedo.
Venres, 13 de outubro
18.00 horas. Abellas!, espectáculo de narración oral con Avelino González, dentro do programa Ler Conta Moito coordinado pola Biblioteca Municipal do Valadouro, na Casa da Cultura do Valadouro.
20:00 horas,. Conferencia sobre a Varroa e outras enfermidades das abellas impartida pola Veterinaria da Casa do Mel de Goente do Concello das Pontes.
Sábado, 14 de outubro
10.00 horas. Apertura da Feira do Mel e produtos de outono na Praza de Santa María e nas rúas de Ferreira.
11:00 horas. Obradoiro de Velas a cargo de Devalo, especialmente dirixido a nenos e nenas, con prazas limitadas para un correcto funcionamento e aproveitamento do obradoiro.
12.00 horas. Pasarrúas co grupo Carricantos.
13.00 horas. Degustación de cócteles a cargo dun alumno da Escola de Hostalaría de Foz.
18.00 horas. Obradoiro para adultos e nenos/as sobre trampas de velutinas dirixido por José María Vázquez, xerente da empresa SERPA.
20.00 horas. Actuación de Jinetes del Trópico.
Domingo, 15 de outubro
9.30 horas. Xornada Micolóxica: Saída da Praza de Santa María de Ferreira nun bus gratuíto para unha actividade de recoñecemento e recollida de exemplares de cogomelos asesorados por Jesús Blanco, experto micólogo e membro da Asociación Os Bolouros.
13.30 Sesión vermú con Brétema Band
14.30 Degustación dunha Paella Xigante a base de cogomelos.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



