Lourenzá, 20 de outubro de 2023. A terceira edición da Feira do Cabalo en Lourenzá, que terá lugar o domingo 29 outubro desde as oito e media da mañá, foi presentada pola alcaldesa, Rocío López, e por representantes da Asociación de Criadores de Cabalo de Pura Raza Galega (PURAGA) e do colectivo Cabaleiros de Lourenzá, creado recentemente.
A rexedora municipal comentou que “é unha boa iniciativa, que cada ano ten mellor aceptación e acollida. A participación de exemplares cada edición é maior e tamén asiste máis xente á feira. Este ano, ademais dos concursos que viñeron celebrándose nas anteriores edicións, tamén haberá presenza doutras especies de animais na feira. Agardamos que vaia consolidándose como un referente nas feiras dedicadas aos cabalos de pura raza galega e que sirva para seguir mantendo viva e presente esta raza de equinos”.
O presidente da asociación Cabaleiros de Lourenzá, Diego Terrón, destacou que nesta edición da feira “haberá novidades como a compra venda de animais e, ademais de cabalos, teremos vacas, ovellas, cabras e porcos. Esperamos que veñan bastantes exemplares, polo que nos comentaron os gandeiros cos que falamos”. Tamén comentou: “ofreceranse paseos a cabalo gratis, haberá unha exhibición de diferentes razas que realizan o paso de andadura e instalaremos unha exposición de fotos antigas sobre como eran as feiras e unha mostra de aparellos tradicionais, como monturas, entre outras actividades”.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



