José Tomé Roca asistiu este sábado no Círculo das Artes de Lugo ao evento Crer no Movemento Veciñal que recoñece o labor de persoas e entidades que promoven os valores do movemento veciñal en Galicia
Lugo, 4 de novembro de 2023. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e o Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, asistiron este sábado á gala Crer no Movemento Veciñal que organiza a Confederación Galega de Asociacións Veciñais (COGAVE). Un acto que acolleu o Salón Rexio do Círculo das Artes de Lugo ao que asistiron autoridades e representantes do tecido asociativo, empresarial e social de toda Galicia.
Tomé Roca no seu discurso puxo en valor o dinamismo e vitalidade do movemento veciñal, que “seguirá a ser un dos sinais de identidade da nosa provincia”. Felicitou aos premiados e ás premiadas, pero tamén aos impulsores e organizadores destes galardóns por cumprir unha década con este evento. “Indica que se está traballando ben, que se vai polo bo camiño”, ao mesmo tempo, dixo, “iniciar unha nova década de vida supón unha invitación a afondar nese traballo, a pensar novas ideas e a seguir defendendo os intereses do movemento veciñal”.
Puxo de manifesto o “rico e amplo” que é o tecido asociativo da provincia, e expresou que a Deputación de Lugo “sempre está coa man tendida para colaborar no que sexa posible porque compartimos o mesmo interese, que é deseñar o mellor futuro de progreso para a provincia de Lugo, favorecendo a calidade de vida e o benestar dos veciños e das veciñas con máis e mellores servizos, e abrindo novas oportunidades de desenvolvemento social e económico”.
O futuro do movemento veciñal
O mandatario provincial augurou un bo futuro para COGAVE, a quen lle desexou que siga “traballando con tanta intensidade como o veu facendo nesta pasada década”. En democracia, reflexionou o Presidente, “o título que todos e todas compartimos é o de cidadán, un modo de definirnos como persoas que compartimos valores de comunidade, de convivencia, e que queremos avanzar xuntos, compartindo inquedanzas, manifestando preocupacións e colaborando na consecución de obxectivos comúns”.
Para el, evidenciou, “escoitar aos veciños e veciñas é o mellor xeito de renovar cada día a democracia. Por iso, dende a Deputación de Lugo seguiremos abertos á colaboración co movemento veciñal”, avanzou o Presidente ante un Círculo das Artes ateigado de persoas chegadas de toda Galicia.
Os premiados
O obxectivo de COGAVE con estes galardóns é recoñecer o labor de persoas e entidades que promoven os valores do movemento veciñal. Recibiron galardón o Vicerreitor do Campus de Lugo, Francisco José Fraga López; o presidente do Colexio Oficial de Graduados Sociais de Lugo, Manuel Núñez Carreira; o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso; a Fundación Diego González Rivas; Carmela Rivas, representante de Cáritas Diocesanas de Ferrol; a asociación Ferrolana de Drogodependencia; os representantes do movemento veciñal Antonio Collazo Collazo e Higinio Andrade Portas; o historiador Xerardo das Airas; a Deputada galega, Noelia Pérez López; a empresa ourensana Aceites Abril; presidente da APEHL e Hostalería de Galicia, Cheché Real, e o Xeneral de Brigada da Garda Civil, Miguel Ángel Arias.



















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



