Fronte ás mentiras do PPdeG a única realidade é que temos menos e peores servizos sanitarios, e os damnificados son a poboación de Viveiro e tamén as profesionais por unha sobrecarga asistencial
Burela, 7 de novembro de 2023. A sanidade pública «continúa en estado de auténtica emerxencia» a consecuencia das políticas do PP e a Atención Primaria «está sendo unha das principais damnificadas», denuncia a CIG Saúde A Mariña.
“Onte luns 7 de novembro, no Centro de Saúde de Viveiro, de 7 médicos de familia na quenda de mañá, só quedaron 2 para atender urxencias ao non cubrir o SERGAS ningunha das 5 ausencias actuais: dúas persoas de baixa, dúas persoas de vacacións e outra persoa que marchou do SERGAS”, denuncian.
“A situación na quenda de tarde non é mellor, unha soa medica para atender a demanda urxente xa que o SERGAS non cubre as baixas, vacacións e xubilacións existentes na atención ordinaria de tarde”, continúan explicando.
“A todo o anterior temos que sumar a falta de pediatras, polo que a CIG-Saúde da Mariña esixe que se dea unha solución inmediata en relación ao servizo de pediatría do Centro de Saúde de Viveiro en concreto, e na Mariña en xeral, xa que “non se está a dar a cobertura sanitaria axeitada”.
A CIG-Saúde subliña que esta política de desmantelamento da Atención Primaria, que afecta con maior intensidade ao rural, “interfire moi negativamente no control que poida existir, especialmente en recen nados, pola importancia do seguimento en escasos días que debe realizarse”.
Pero ademais, advirten, o feito de non haber pediatra é médicas de familia en Atención Primaria implica colateralmente a “saturación doutros servizos”.
A ATENCIÓN PRIMARIA NON É SÓ ATENDER URXENCIAS
A atención primaria é o nivel básico e inicial de atención, que garante a globalidade e continuidade da atención ao longo de toda a vida do paciente, actuando como xestor e coordinador de casos e regulador de fluxos.
Comprenderá actividades de promoción da saúde, educación sanitaria, prevención da enfermidade, asistencia sanitaria, mantemento e recuperación da saúde, así como a rehabilitación física e o traballo social.
Todas estas actividades, dirixidas ás persoas, ás familias e á comunidade, baixo un enfoque biopsicosocial, préstanse por equipos interdisciplinares, garantindo a calidade e accesibilidade ás mesmas, así como a continuidade entre os diferentes ámbitos de atención na prestación de servizos sanitarios e a coordinación entre todos os sectores implicados.
A atención primaria, que inclúe a abordaxe dos problemas de saúde e os factores e condutas de risco, comprende os apartados anteriores, explican.
RECUPERAR E DIGNIFICAR A ATENCIÓN PRIMARIA
Aquelas persoas que dicían que depender de Lugo suporía máis e mellores servizos para a sanidade da Mariña calan.
Ramón Ares, máximo responsable a Atención Primaria non toma medidas, e fala de incidencias imprevistas.
Fronte ás mentiras do PPdeG a única realidade é que temos menos e peores servizos sanitarios, e os damnificados son a poboación de Viveiro e tamén as profesionais por unha sobrecarga asistencial.
É necesario, polo tanto, que a propia Consellaría resolva definitivamente o problema facendo as previsións necesarias para que se cubran todas as ausencias que por vacacións ou outros motivos se produzan no centro sanitario de Viveiro e consideran que “é necesario dignificar a Atención Primaria para garantir un servizo básico de calidade e proximidade fronte os gobernos do PP que pretenden convertela nun privilexio”, conclúen.
A SAÚDE, UN DEREITO FUNDAMENTAL
A CIG Saúde da Mariña subliña que “a saúde é un dereito fundamental que debe ser garantido e protexido independentemente do lugar onde vivamos, polo que esiximos unha sanidade digna e de proximidade na nosa comarca que garanta a atención sanitaria”.
Nesta liña subliñan que este é “un dereito que defendemos no pasado, no presente e continuaremos defendendo no futuro”, e “e facemos un chamamento á poboación a facer follas de reclamacións denunciando a situación”.



























A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



