O Presidente e a Alcaldesa asinaron un acordo para impulsar as accións turísticas deste concello mariñán, mellorar o alumeado público, e tamén para o mantemento de zonas públicas e de dependencias municipais como o cemiterio ou a praza de abastos
Lugo, 16 de novembro de 2023. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e a Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García, asinaron un acordo a través do que a institución provincial destina 200.000€ para que Concello de Viveiro ofreza máis e mellores servizos públicos aos veciños e veciñas da cidade do Landro.
Tomé Roca subliñou que esta colaboración económica con Viveiro é unha nova mostra do compromiso “que temos na Deputación co Concello e cos seus veciños e veciñas”, e que, sumada a outros investimentos, como o realizado a través do Plan Único, reafirma o papel da institución provincial como “Concello dos Concellos”.
Loureiro agradeceu o acordo á institución provincial e puxo en valor que a “Deputación de Lugo, coma sempre, mira polos veciños e veciñas de Viveiro, neste caso dunha maneira fundamental porque nos permite axilizar e facer fronte dende o Concello á contratación de servizos públicos, de mantemento e de dinamización social, cultural e deportiva que son primordiais para o día a día no noso municipio”.
En concreto, os fondos servirán para a dinamización da estratexia turística de Viveiro, con accións como o reforzo da información e a potenciación das rutas turísticas. Tamén para a contratación de concertos para as festas patronais e para o alugueiro de escenarios para as actuacións e eventos culturais e deportivos que de maneira recorrente acolle a localidade.
Así mesmo, con esta axuda o Concello tamén sufragará os labores de mantemento de diversos servizos públicos, como é o caso do cemiterio municipal ou da praza de abastos, ademais da mellora do alumeado público e do servizo de podas.























Foz será o protagonista do programa Voces de Lugo, de RadioVoz, que se emitirá en directo de 12 a 14 horas desde a cafetería Marexada para toda a provincia. Félix Jorquera charlará co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fará un balance do verán, analizará os proxectos para os vindeiros meses e tamén o momento polo que atravesa o deporte local.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



