Subliña que os Orzamentos da Xunta de 2024 recollen 8 M€ para avanzar na VAC da Costa Norte de acordo coa estratexia acordada cos alcaldes
Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2023. A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, contrapuxo esta tarde o traballo e os Orzamentos da Xunta para avanzar na VAC da Costa Norte coa falta de vontade política do Goberno de España para impulsar a autovía da Mariña e completar a súa funcionalidade.
A titular de Infraestruturas e Mobilidade respondeu esta tarde a unha pregunta no Pleno do Parlamento, onde subliñou que esta vía de alta capacidade é unha infraestrutura fundamental para a vertebración e a conectividade da Mariña, Ortegal e Ferrolterra.
Puxo en valor o compromiso da Xunta ao investir 100 M€ e poñer en servizo a variante de Ortigueira e o treito Celeiro-San Cibrao da VAC Costa Norte nos peores anos da crise económica.
Lembrou que para seguir adiante cos demais treitos, se consensuou un plan de actuación cos alcaldes dos municipios afectados. Así, para a provincia da Coruña optouse por actualizar o proxecto do treito AG-64, San Sadurniño-Sanguiñeira, e pola incorporación do enlace coa mesma, que suporá un investimento superior aos 40 M€.
Sinalou que para a provincia de Lugo, acordouse traballar na continuidade do treito en servizo Celeiro-San Cibrao, cun investimento de 57,5 M€.
Porén, lembrou que, tanto o Concello de Viveiro, como a Deputación Provincial, paralizaron durante os últimos anos a VAC Costa Norte na parte correspondente á provincia de Lugo ao rexeitar, primeiro, a inclusión do enlace de Magazos e, despois, a proposta da Xunta de construír unha nova ponte sobre a ría, co que se evitaría o rodeo da variante.
Tal e como sinalou a titular de Infraestruturas e Mobilidade, paralelamente ao impulso da VAC, a Xunta está a traballar na mellora das estradas convencionais desas comarcas, con actuacións e investimentos xa materializados, como o acondicionamento da AC-100, en Mañón; na AC-566, en Valdoviño; ou na AC-110 nas Somozas.
Recordou que o Goberno galego está a mobilizar 15 M€ para mellorar a estrada paralela á vía de altas prestación, a AC-862, de San Sadurniño a Ortigueira, cunha 1ª fase das obras xa rematada e unha 2ª fase, entre O Campo do Hospital e A Ponte Mera, en execución por importe de 6,8 M€.
Avanzou, ademais, o acondicionamento da LU-540 entre Viveiro e Cabreiros, coñecida como a estrada da Gañidoira, que suporá un investimento global de 14 M€, e que mellorará a conexión da Mariña lucense coa cidade de Lugo.
Fixo fincapé en que os Orzamentos da Xunta para 2024 recollen unha partida de 8 M€ para avanzar na VAC da Costa Norte e nas comunicacións das comarcas de Ferrol, Ortegal e A Mariña de acordo coa estratexia acordada cos alcaldes.
Fronte ao traballo e á vontade da Xunta de avanzar na mellora das comunicación das comarcas da zona norte, Ethel Vázquez lamentou que os Orzamentos Xerais do Estado de 2023 recollan só 0,5 M€ para a Autovía da Mariña que debe executar o Goberno central e ningún compromiso nos vindeiros anos. E pese a ser unha partida ínfima, lembrou, o Executivo central non fixo nada nin sequera para investila.
Vázquez Mourelle incidiu en que a funcionalidade dos treitos da VAC da Costa Norte xa executados pola Xunta está condicionada polo bloqueo no que o PSOE mantén á Variante de Viveiro e pola falta de avances do Goberno de España na Autovía da Mariña.
Remarcou que para que a VAC sexa unha alternativa para o tráfico de longo percorrido cómpre a súa conexión coa autovía da Mariña, a A-74, da que non existe nin un quilómetro executado tras 5 anos do Goberno de Pedro Sánchez.
Ethel Vázquez puxo a autovía da Mariña como exemplo dun incumprimento máis do Goberno de España en materia de infraestruturas en Galicia. Sumou outros agravios como o mantemento, 10 meses despois tras producirse, do burato na N-642; a autovía entre Lugo e Santiago, que segue sen estar completa; ou entre Lugo e Ourense, que nin empezou, ademais de continuar coa A-6, unha das arterias principais de conexión de Galicia coa Meseta, pechada por mor dos viadutos do Castro.






















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



