“Os socialistas sempre traballamos por dotar de máis e mellores infraestruturas e servizos públicos aos veciños, como estamos demostrando dende o Goberno central e como faremos tamén dende a Xunta de Galicia cando Besteiro sexa o Presidente”
Barreiros, 27 de decembro de 2023. Os socialistas da provincia subliñan o compromiso investidor do Goberno de Pedro Sánchez co concello de Barreiros, que se materializa en actuacións determinantes para o municipio mariñano, como a recuperación do sistema dunar e dos acceso das praias de Arealonga e Valea que está acometendo cun orzamento de 900.000€. Así mesmo, o Executivo central liderado polo PSOE ten en fase inicial a creación do novo apeadoiro en San Cosme de Barreiros, tras o anuncio de Adif, que someteu a exposición pública o proxecto de construción da nova configuración de vías e plataformas no tramo Ortigueira-Barreiros, e que tamén recolle a creación de novos apeadoiros en O Barqueiro e As Catedrais.
“Os socialistas sempre traballamos dende as institucións nas que gobernamos por dotar de máis e mellores infraestruturas e servizos públicos aos veciños e veciñas, atendendo ás súas necesidades e demandas, como estamos demostrando dende o Goberno central e como faremos tamén dende a Xunta de Galicia cando Besteiro sexa o Presidente”.
O PSdeG provincial avanza deste xeito que Besteiro cumprirá con Barreiros e dotará ao concello dunha nova EDAR en San Miguel de Reinante, unha reivindicación que os socialistas levan facendo de maneira constante dende hai unha década, pero que o Goberno do PP na Xunta nunca atendeu. De feito, o PSdeG leva presentando ano tras ano no Parlamento emendas aos Orzamentos autonómicos solicitando as partidas suficientes para construír esta infraestrutura vital para o concello, e sempre foron rexeitadas polo PP.
A falta da EDAR provoca continuas sancións polos verquidos á praia de Arealonga, que, de feito, está pechada en parte ao baño, e ocasiona danos medioambientais nefastos nunha zona que ademais ten catro proteccións ambientais. Augas de Galicia redactou no ano 2009 un proxecto técnico para a construción da estación depuradora, que revisou no 2018, aínda que a Xunta de Galicia nunca deu ningún paso para materializalo, o que si fará o PSdeG, recalcan os socialistas, cando Besteiro lidere o Goberno galego.

























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



